Lindia Senra e as Illas Fidxi

Lidia Senra e as Illas FidxiUn non deixa de sorprenderse das cousas que se poden atopar na web do Parlamento Europeo e o que é peor, de como se dilapidan os cartos públicos en encontros e todo tipo de eventos de dubidosa utilidade pública, en especial para os que vivimos en Galiza, cuxos problemas están perfectamente localizados e analizados, só fai falta vontade política para resolvelos.

Entre os días 15 e 17 de xuño, desenvólvese en Suva, capital das Illas Fidxi, unha reunión de países de África, Caribe e Pacífico (ACP), con eurodeputados e eurodeputadas do Parlamento Europeo, entre os que se atopan Lidia Senra de AGE, Javier Nart de Ciudadanos ou Agustín Díaz de Mera do PP entre outros. Neste paradisíaco lugar debaterase sobre os recursos naturais, o comercio ou sobre os sempre socorridos dereitos humanos e diversidade cultural.

Dubido moito que nesas latitudes se debata algún tema de interese para o pobo galego que xustifique a presenza de Lidia Senra. Os nosos problemas, como dixen antes, están perfectamente identificados e localizados, e teñen a ver coa nosa entrada na Unión Europea e a nosa imposibilidade de negociar directamente os problemas que temos en sectores clave da nosa economía, como son as pesca, o agro ou a industria, problemas, que evidentemente, non se van resolver desde as antípodas de Galiza.

Por outra parte, tampouco penso que se vaian a resolver desde o Parlamento Europeo; a cociña da política europea non está precisamente nese foro, ao contrario, o Parlamento é a fachada democrática e paradisíaca dunha Unión Europea anti-democrática e afastada da realidade -como acabamos de ver- que só serve aos intereses do capital financeiro. E dunha entidade que é só aparencial, só se pode agardar disparates como estes que teñen un custe moi elevado para o erario público. E logo hai quen fala de rexeneración política…

5 opiniones sobre “Lindia Senra e as Illas Fidxi

  1. Imaxino que cando Ana Miranda participe nalgunha reunión da delegación do Parlamento Europeo para as relacións con USA por exemplo en Washington (se ao substituír a Jauristi continúa nesa delegación) dirás algo parecido… por exemplo, no tocante aos ACP, pode tratar que países como Nova Guinea non exporte conservas que expulsen do mercado ás galegas, que estados de Africa negocien acordos pesqueiros que permitan a nosa frota faenar, que os acordos comerciais a aprobar con estes estados conteñan unha serie de garantías que beneficien a estes estados sen danar a sectores claves na nosa economía… Por outra banda, mirar o Parlamento Europeo como o lugar no que soamente facer algo por e pra Galicia é ridículo, somos galegos, somos europeos e nós tamén podemos participar na construcción e mellora do proxecto europeo (ou na destrucción se che presta máis). Sei que o do slogan o Parlamento Europeo non vale pra nada e é unha fachada queda moi ben, pero con todas as súas eivas (que non estea en pe de igualdade en todas as materias co Consello, que non teña capacidade de iniciativa lexislativa, etc.) e a pesar da maioría existente claramente escorada á dereita, ten unha capacidade de decisión bastante máis grande da que os criticos lle outorgades.

    Gústame

    1. Cando Ana Miranda sexa eurodeputada xa falaremos. En todo caso, coido que escolliches o peor exemplo posíbel, porque se algo nos afecta e nos vai afectar directamente son precisamente as relacións da UE e USA a través do TTIP.

      Gústame

      1. Non é un exemplo, a Jauristi tocoulle esa delegación e supoño que Ana Miranda seguirá nela. E total, a fin de contas, as dúas terán un rol similar (se a Ana lle toca estar) cando voten o consentemento ou non do Parlamento e por tanto, poidan rexeitar a ratificación do TTIP. Outros eurodeputados están na delegación de relacións co CARIFORUM, ASEAN, Xapón ou Belarús. Diplomacia parlamentar http://www.sieps.se/sites/default/files/2015_3epa%20eng%20A4%20korr3.pdf

        Gústame

      2. O que faga Ana Miranda estará por ver. O que si é certo é que Lidia Senra están en Fidxi tan ricamente e a min paréceme que non se lle perdeu nada alí. Agora que é libre de facer o que lle pete e alá ela coa súa conciencia. Eu se fora eurodeputado non iría.

        Gústame

      3. Pois é o seu traballo como eurodeputad@, ao igual que plantexar enmendas ou ir aos plenos e comités. Buscamos calquera escusa pra atacar meu!.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.