O esperpento da “nova cultura política”

Un non deixa de sorprenderse do que se vén en chamar a “nova cultura política”, cuxos máximos representantes son as novas forzas políticas emerxentes, entre elas obviamente, Podemos.

Hoxe sen ir máis lonxe, observaba estupefacto unha piada de Twitter de Íñigo Errejón, e que podedes ver a continuación.

//platform.twitter.com/widgets.js

Neste comentario na rede social do paxariño azul, o número dous desta formación política, presume de que suprimen os coches oficiais substituíndo ese servizo por “voluntarios”. Certo é que co tema dos coches oficias fíxose moito uso e abuso por parte de moitos representantes políticos, pero se son necesarios, e á vista está que o son, é unha irresponsabilidade substituílo por persoal voluntario. Eses “voluntarios” están a ocupar o posto de traballo doutras persoas, seguramente con contrato temporal, que agora quédanse na rúa, ou sen nada que facer no caso de que estas persoas sexa funcionarias o persoal laboral, co cal estarémoslle pagando a un traballador por non facer nada, cuxo posto de traballo está ocupado por outra que traballa gratis. Vamos, un sensentido!

Pero non pensedes que isto son ocorrencias da nova cultura política, ao contrario, unha idea semellante púxoa enriba da mesa a ex-alcaldesa de Madrid, Ana Botella, ao propoñer en 2012 “cubrir servizos públicos con voluntarios”. Imaxinas unha sanidade pública con médicos voluntarios? E a educación que tal? Tampouco, verdade? Pois daquela, tampouco se poden cubrir con voluntarios o servizo de condutor de coches oficiais.

É doado facer campaña demagóxica a conta dos coches oficiais, dos salarios dos cargos públicos e do persoal de confianza, … que atopan o caldo de cultivo axeitado no contexto dunha profunda crise económica que non ten (terá) fin; é doado anexar aos programas oficias un código ético, que disque é de obrigado cumprimento, até que… ao final se cumpre “na medida das posibilidades”. Mais toda esta parafernalia, da que tampouco escapa o BNG, agocha algo peor que o que pretende denunciar e evitar: a incapacidade e a falta de vontade política para mudar as cousas realmente. Así por exemplo, Syriza baseou toda a súa campaña electoral arremetendo contra a Troika, prometendo o final da austeridade e a reestruturación da débeda grega, pero agora non é quen de rachar coas “institucións”, que é como lle chama eufemisticamente á Troika, non é quen de reestruturar a débeda nin de rematar coas políticas de austeridade, e todo porque a fin de contas acreditan no modelo da Unión Europea e no capitalismo. Ese é realmente o problema!

PD: Botádelle tamén un ollo a este artigo, é interesante.

Unha opinión sobre “O esperpento da “nova cultura política”

  1. adiquen eses coches e eses conductores o transporte adaptado, ou axudar a persoas maiores que necesiten ir o hospital ou outros tramites graves, a residencia de frijoles tiña que ser transformada nun hospedaxe para pobres! os presidentes a su casa…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.