O referendo covarde e irresponsábel de Syriza

Alexis TsiprasCando o pobo grego foi convocado ás urnas no mes de xaneiro, decidiu por ampla maioría, non só darlle a maioría dos votos a Syriza, senón tamén opoñerse ás políticas de austeridade impostas pola Troika. O mandato das urnas quedou claro, nese sentido. Por iso non entendo moi ben a que vén convocar un referendo, con apenas sete días de marxe, para decidir se se acepta a austeridade ou non. O pobo xa falou en xaneiro, e falou claro: non á austeridade.

Uns dirán que Alexis Tsipras é valente, un demócrata, que fai o que tiñan que facer outros no seu lugar, mais o que a min me parece é que é un covarde e un irresponsábel, que xa ten o mandato do pobo para dicir NON á Troika, pero el e o seu goberno acordan pasarlle a pataca quente á cidadanía para que decida si acepta o acordo das “institucións” ou non. Insisto, os gregos e as gregas xa falaron en xaneiro, xa dixeron por onde quería que fora o seu goberno; ao mellor, e tal e como foron as negociacións coas “institucións” (Troika), a pregunta á que tiñan que responder os cidadáns e cidadás gregos o vindeiro 5 de xullo sería a pertenza ou non á unión monetaria e mesmo á Unión Europea, dadas as condicións terríbeis que impoñen para pertencer a tan selecto club.

Cando digo que o referendo grego convocado para o 5 de xullo é unha cobardía política de campeonanto, non o digo porque estea en contra da participación da cidadanía nas decisións políticas, ao contrario, claro que é positivo que a xente decida sobre cuestións que lle afectan, pero -insisto- o pobo grego xa se opuxo á austeridade en xaneiro, non ten sentido unha nova consulta con tan pouca marxe para un debate sereno, que ademais vai a realizarse nun contexto terríbel. O martes vencen 1.500 millóns que Grecia lle ten que pagar ao FMI, ese mesmo día o goberno grego ten que pagar tamén as pensións e as nóminas dos traballadores públicos; Grecia non te cartos suficientes para afrontar este pagamento, por algo está na situación na que se atopa, se o goberno non consegue un aprazamento, o FMI pode declarar en default (suspensión de pagamentos) a Grecia, coas consecuencias que ten iso para o financiamento público grego. Por se isto fora pouco, o sistema seu financeiro está seco, non hai un euro por mor das intensas fugas de depósitos dos últimos meses, cuxa fuga foi taponada polo Banco Central Europeo con inxentes inxeccións de efectivo para manter o vivo o sistema financeiro heleno que está literalmente na UVI. Se o luns o BCE decide non dar un euro máis aos banco gregos, o goberno grego terá que aprobar un “corralito”, que restrinxiría o movemento de capitais e as retiradas de efectivo dos bancos. En resumo: a histeria está servida.

Este é o contexto probábel no que terán que decidir os gregos e as gregas o vindeiro domingo 5 de xullo. Se gaña o si, terán a austeridade que non querían; se gaña o non, agardo que Syriza xa teña previsto un plan B, porque iso significaría quedarse fóra do Euro, coa consecuencias positivas e negativas que isto ten.

A pesar de todo o anteriormente expresado, agardo que gañe o NON o vindeiro 5 de xullo. Iso significaría para os demais pobos de Europa que fronte aos recortes, á austeridade y ás políticas económicas da Unión Europea que tanto dano nos fan -en Galiza sabémolo ben-, significaría que polo menos hai a opción de coller un camiño diferente, non exento de dificultades, pero desde logo máis esperanzador e xusto.

3 opiniones sobre “O referendo covarde e irresponsábel de Syriza

  1. Discrepo…, coido que sempre é bo darlle a palabra a xente…
    Agora ben, sempre hai que ter un paracaídas a man…
    E ben sei o que me digo…, visto o visto, era bo ter preparados os recursos para un plan “B”…

    Gústame

    1. A xente xa dixo o que non quería en xaneiro, non quería austeridade, por iso gañou Syriza. Se quixeran o contrario votarían por Nova Democracia-PASOK. O único plan de Syriza é permancer no euro; fóra diso non teñen outro plan. A ver…

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.