Ten Syriza algún plan alternativo?

Colas nos bancos gregos
Colas nos bancos gregos

Se todo isto que está acontecendo en Grecia forma parte dalgún plan alternativo do goberno de Syriza, benvido sexa, pero non estaría mal que os cidadáns e cidadás helenos coñecesen cal é ese plan, porque dentro de sete días terán que elixir entre austeridade ou saírse do euro, e esta última opción non entraba dentro dos plans deste partido de esquerdas grego, que centrou a súa campaña electoral na loita contra a austeridade e a favor da permanencia no Euro, algo que, como estamos a ver, son opcións incompatíbeis.

Mais na miña opinión, e vendo como se están a suceder as cousas, moito me temo que Syriza non ten unha alternativa, que todo isto forma parte dun órdago á Troika, que ten todas as papeletas de saír mal. Para empezar o goberno grego anunciou un “corralito” porque o Banco Central Europeo non garante a liquidez do sistema financeiro grego, e as colas diante dos caixeiros automáticos sucédense por toda Grecia. A isto hai que engadir o default que pode anunciar o FMI cando vexa que non lle chega a transferencia dos 1.500 millóns de euros que lle tiña que pagar o goberno heleno, o que de facto pecharía os mercados e o goberno non podería financiarse. E, como dixen onte, neste contexto de histeria colectivo os gregos e as gregas terán que pronunciarse na urnas o vindeiro domingo sobre un acordo, que agora mesmo xa non está enriba da mesa, porque o Eurogrupo deu por rotas as negociacións. De feito, xa vin algunha enquisa onde daba como gañador a opción do si, é dicir, máis austeridade, porque non hai sobre a mesa unha alternativa política distinta, co cal o goberno de Syriza quedaría moi tocado e completamente desautorizado. Vamos, unha chapuza!

Syriza non ten un plan alternativo, xoga todas as bazas a unha sola carta que non vai saír ben, porque esa baza é seguir no Euro, e iso é unha trampa mortal para os pobos porque teñen que renunciar á súa soberanía. Ao mellor sorpréndenos cun acordo in extremis cos BRICS ou só con Rusia, mais teño a lixeira impresión de que non van por aí os tiros, entre outras cousas porque Grecia forma parte da OTAN e Estados Unidos non permitirá que Grecia se lle dea de baixa do club e se aliñe con Putin; tanto é así, que Obama xa chamou a Merkel.

One thought on “Ten Syriza algún plan alternativo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s