As propostas da Troika e de Syriza: busca as diferenzas

Proposta da Troika:
Proposta do goberno de SYRIZA:

1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2022.
1. Atrasar a idade de xubilación aos 67 anos para todos os traballadores para o ano 2025.

2. Incrementar a contribución dos pensionistas para a atención médica (que será deducida das súas pensións) do 4% ao 6%.
2. Incrementar a contribución dos pensionistas para a atención médica (que será deducida das súas pensións) do 4% ao 5%.

3. Incrementar as contribucións dos traballadores para a atención médica (que será deducida dos seus salarios) do 4% ao 5%.
3. Incrementar as contribucións dos traballadores para a atención médica (que será deducida dos seus salarios) do 4% ao 5% .

4. Recortes no Orzamento estatal para pensións: 0,5% do PIB para 2015, 1% do PIB para 2016.
4. Recortes no Orzamento estatal para pensións: 0,5% do PIB para 2015, 1% do PIB para 2016.

5. Elevación da “multa” por xubilación anticipada un 10% .
5. Elevación da ?multa? por xubilación anticipada un 10% .

6. Redución do “custo laboral” no sector público desde o 1 de xaneiro de 2016.
6. Redución do ?custo laboral? no sector público desde o 1 de xaneiro de 2016.

7. Continuar coa imposición do denominado “imposto solidario”
7. Continuar coa imposición do denominado “imposto solidario”.

8. O salario mínimo fixarase segundo a lexislación do Memorándum.
8. O salario mínimo fixarase segundo a lexislación do Memorándum.

9. Seguir cobrando o “imposto estatal unificado”-ENFIA até 2016.
9. Seguir cobrando o “imposto estatal unificado”-ENFIA até 2016.

10.Elevar os ingresos vía IVE ao 1% do PIB.
10.Elevar os ingresos vía IVE ao 0,93% do PIB.

11.Incrementar o IVE ao 23% para comidas enlatadas e empaquetadas, ao 13% para alimentos básicos, electricidade e hoteis, ao 6% para medicamentos e libros, e ao 23% para todo o demais.
11.Incrementar o IVE ao 23% para comidas enlatadas e empaquetadas, ao 13% para alimentos básicos, electricidade e hoteis, ao 6% para medicamentos e libros, e ao 23% para todo o demais.

12.Impor un imposto aos propietarios de barcos
12.Non impor un imposto aos propietarios de barcos

13.Privatización de portos, aeroportos, infraestruturas e propiedades estatais.
13.Privatización de portos, aeroportos, infraestruturas e propiedades estatais.

Fonte de datos.

Isto é o que propón a Troika e o que propón o goberno de Syriza. Como podes apreciar, as semellanzas son tantas, que a única diferenza que os separa é a reestruturación da débeda, que non está en ningunha das propostas, pero si enriba da mesa de negociacións.  Unha quita na débeda non é unha cuestión menor para ninguén; hai que ter en conta que os principais acredores de Grecia son precisamente os estados membros da Unión Europea, entre eles, o Estado Español, e sobre todo Alemaña, que é quen máis cartos puxo enriba da mesa. Cómpre recordar que en 2012 Grecia reestruturou a súa débeda en máis de 100.000 millóns de euros, pero coas políticas de austeridade da Troika, tres anos máis tarde segue nas mesmas.

É dicir, que os gregos e gregas están convocados ás urnas o vindeiro domingo para dicir NON á proposta da Troika, dicir non á austeridade, pero o goberno grego non ten outra alternativa política que non pase precisamente pola austeridade, -para mostra un botón-. Syriza está atrapada nas súas propias contradicións: non se pode estar no Euro sen facer recortes. E o máis dramático é que o referendo do domingo só servirá para que os gregos e gregas digan SI aos recortes, voten o que voten. Esta é a realidade.

A estas alturas da película teño serias dúbidas de que este referendo sirva para algo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.