En Grecia gaña o non, pero agora que?

UnFuck2_0A grande vitoria do non en Grecia abre un período de incertidume na Unión Europea, que contén o alento, á espera do que decidan facer con este país, que tivo a valentía de plantar cara a unha Unión Europea profundamente antidemocrática, cuxo funcionamento semella máis o dunha mafia, que promete o paraíso a cambio da cesión de todo poder de decisión dos pobos, isto, é da soberanía.

En poucos días ou semanas saberemos se a lección de dignidade do pobo grego ten a súa correspondencia no acordo que acade o seu goberno coas autoridades da Unión Europea. Os gregos e as gregas que votaron onte xa dixeron que non queren austeridade; a cuestión é que o seu goberno plantexou un acordo coa Troika que non se diferenciaba en nada co que puxo esta enriba da mesa. A única diferenza está na reestruturación da débeda. Mais sería paradóxico que o pobo heleno rexeitara a austeridade da Troika, pero acabe aceptando a do seu propio goberno.

Neste sentido, é sintomático que o seu ministro de finanzas, Yanis Varoufakis, que reiteradamente se opuxo ás políticas de austeridade da Troika, presentaran hoxe mesmo a dimisión, logo da contundente vitoria do non, alegando que iso facilitaría o acordo con Grecia; por outra parte, un acordo xa aceptado por Tsipras, poucos días de convocar o referendo, o que deixa entrever a pouca sintonía que había entre ambos dirixentes.

En definitiva: todo está por ver. Desde logo, o que si está claro, é que Grecia, no seu empeño en pertencer ao Euro, non será a última vez que teña problemas serios, e desde logo, está lonxe de acabárselle o sufrimento, porque o que si está claro é que a unión monetaria camiña cara a cesión total da soberanía dos pobos, e iso non traerá nada bo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s