Claves para entender o “Non” en Grecia

oxiÉ doado facer análises logo de que pasan os acontecementos, o difícil e prognosticar a priori. Desde logo eu non daba un euro pola vitoria do “Non” tendo en conta as circunstancias nas que se celebraba, especialmente polo “corralito”.

Como dixen, o doado é explicar un suceso a posteriori, así que vou animarme a dar unhas claves que ao meu entender explican a contundente vitoria do “Non” en Grecia o pasado domingo a pesar de que a alternativa, é dicir, o “Si”, a efectos prácticos, non políticos, ven a significar o mesmo.

  • A pregunta. O goberno grego formulou a pregunta sobre un acordo cunhas institucións demonizadas (merecidamente) durante anos, que levaron a Grecia á ruína. Ante esta situación a resposta lóxica é “Non”.
  • O euro. A pesar das ameazas exteriores e interiores o pobo grego non creu en ningún momento que votar “Non” significase ficar fora do euro, se fora así outro galo cantaría. Por certo, hai que ter en conta que todas as forzas políticas gregas, agás o KKE, están a favor da moeda única.
  • Os que fixeron campaña polo “Si” en Grecia. Desde logo non axudou nada en absoluto que Antoni Samaras, anterior primeiro ministro, ou mesmo o PASOK, que estivo co-gobernando con el, fixeran campaña activa polo “Si”. Seis meses despois de saír do goberno é moi pouco tempo para que a xente esqueza.
  • Os que fixeron campaña polo “Si” fóra de Grecia. Tampouco axudou que Juncker, Draghi, Dijsselbloem, Merkel e compañía puxeran tanto empeño no “Si”. A fin de contas por culpa deles estaban nesa situación tan crítica.
  • O “Día do Non”: E non menos importante é que Grecia ten entre as súas festividades máis importantes o “Día do Non”, que se celebra o 28 de outubro, logo de que o ditador grego Loanis Metaxas respondeu cun sonoro “Non” ao ultimato do ditador italiano Benito Mussolini, que quería despregar tropas deste país en territorio grego en 1940, en plena II Guerra Mundial. Ante o ultimato da Troika, Grecia tamén dixo “Non”. O goberno grego foi moi hábil ao formular a pregunta de tal xeito que a que máis beneficiaba aos seus intereses coincidira cunha festividade que reivindica o orgullo do pobo heleno.

Como se pode apreciar estas claves son máis emocionais que racionais, o pobo grego está sometido a tal grao de estrés e presión, que só podía vencer unha resposta emocional. Se a pregunta estivese formulada doutro xeito e se houbese máis tempo para o debate e a reflexión ao mellor o resultado non sería o mesmo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.