Estamos ás portas da tormenta perfecta?

stormEclipsado en occidente pola crise grega e polas interminábeis negociacións deste país coa Troika, estamos asistindo con asombroso silencio mediático á caída da bolsa china, que acumula xa unhas perdas do 30% do seu valor e ten paralizado a cotización de preto de 1.500 empresas polas elevadas perdas que acumulaban. E no medio de todo isto, miles de pequenos accionistas perderon os seus cartos neste casino, un feito que ten enormes similitudes co “Crack de 1929”, onde tamén xente do común quedou atrapada neste negocio especulativo, levando á ruina a miles de persoas, e supuxo o inicio dunha profunda crise económica, onde millóns de persoas perderon o seu posto de traballo.

En pleno século XXI e cunha economía tan interrelacionada, o efecto contaxio a outras bolsas non é algo que se poida descartar; de feito, parte do silencio mediático explícase precisamente para evitar crear alarma entre os cidadáns.

Desde logo un novo crack do sistema financeiro mundial non chega no mellor momento a pesar que desde o stablishment se predica o contrario. Centos de miles de millóns foron inxectados no sistema financeiro a través dos bancos centrais, uns cartos que non transferiron á economía real, senón que serviron para engordar aínda máis a economía especulativa, e para exemplo, o que está a pasar agora en China.

E se a isto lle engadimos a incertidume que pesa sobre Grecia, un “Grexit”, unha saída do euro, sería a pinga que desbordaría a tormenta perfecta sobre a economía mundial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.