A traizón de Syriza

Alexis TsiprasO goberno de Alexis Tsipras sorprendeu a todos coa presentación urxente dun referendo para que o seu pobo se pronunciase a favor ou en contra do acordo que lle presentaba a Troika. A resposta dos gregos e gregas foi contundente: o 61% do seu electorado decidiu dar un rotundo “non” ás políticas de austeridade do que eles eufemisticamente chaman “institucións”.

A día de hoxe a única proposta que hai enriba da mesa é a do goberno de Syriza, e aprobada polo parlamento grego cos votos das forzas políticas que defendía o “Si”, porque unha parte da organización que sostén o goberno abstívose ou votou en contra.

A proposta que presentou o goberno de Syriza ás autoridades europeas está nas antípodas do que decidiu o soberanamente o pobo grego. Subida de impostos, privatizacións, baixa das pensións… un novo e severo programa de austeridade que non está proposto pola Troika, senón polo propio goberno que fixo campaña polo “Non” á austeridade o pasado domingo e na campaña electoral o pasado mes de xaneiro. A todo isto, está por ver se a Troika aproba as propostas do goberno grego, porque cabe a posibilidade de que a negociacións teña como resultado máis recortes e máis austeridade para o pobo grego.

Pero o peor de todo é que se se asina este acordo, polo que Grecia recibirá en torno aos 50 mil millóns de euros, non servirá para incentivar a súa economía, todo o contrario, para o único que servirá será para pagar as débedas, o que suporá que dentro dun ano ou dous (ao mellor menos) Grecia necesite o enésimo recate. Unha espiral de débeda e austeridade que arruinará por completo o pobo grego.

O curioso é que Syriza, que levaba no seu programa electoral a promesa de “someter a referendo vinculante todo os acordos de importancia”, ignora agora o mandato do 61% do seu pobo. Tamén levaba a nacionalización dos bancos e empresas publicas privatizadas a agora vende o pouco que queda sen vender, os peiraos; en resumo, unha morea de cousas que quedaba moi ben no programa electoral, que agora son todo papel mollado, e todo en apenas seis meses de goberno.

O de Syriza xa non é un só unha baixada de pantalóns, é unha traizón total o pobo grego, e o que é peor, baleira por completo o poder do pobo, o mandato do pobo, isto é, a democracia. Desde logo isto non traerá nada bo, porque racha por completo a esperanza e a confianza que depositan os cidadáns nas formacións políticas.

Unha opinión sobre “A traizón de Syriza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.