Marea Atlántica lávase as mans como Poncio Pilato

Poncio Pilato lávase as mansXesucristo foi levado ante Poncio Pilato, procurador romano nunha Xerusalén, polos sumos sacerdotes xudeus que o acusaban de sedición. Pilato, seguramente consciente do apoio popular de Cristo, pero tamén da influencia política dos dirixentes xudeus, decide lavarse as mans e proporlle ao pobo elixir entre liberar ao delincuente Barrabás ou a Xesucristo. Os sacerdotes consultan ao pobo e este decide liberar ao primeiro e condenar ao segundo. O resto da historia xa a coñecedes.

A Marea Atlántica é como Poncio Pilato. Ten nas súas mans decidir quen preside a Deputación da Coruña, se o BNG ou o PSOE, pero eles decidiron lavarse as mans, é dicir, que tanto lles ten un como o outro.

O problema de Marea Atlántica, o mesmo que Poncio Pilato, é que está presa de intereses políticos, depende do PSOE para que Xulio Ferreiro teña un mandato relativamente tranquilo na cidade da Coruña os vindeiros catro anos e por esa razón non se molla, non asume as súas responsabilidades, ante unha decisión tan importante e tan transcendental para darlle un impulso diferente á Deputación da Coruña.

O personaxe de Poncio Pilato está asociado coa vileza, o oportunismo e a submisión aos máis baixos intereses políticos. Segundo as crónicas Poncio Pilato quitouse a vida, aínda que non se pode descartar que fora vítima dunha traizón tan habitual na época romana. Marea Atlántica debería tomar nota.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.