Tsipras pon a Grecia de xeonllos

bicar-os-pesEra visto. A reunión de onte en Bruxelas non podía traer nada bo para Grecia. Se o acordo que aprobou o parlamento grego o venres pasado de madrugada era malo, o resultado das negociación de Alexis Tsipras, primeiro ministro grego, coa Troika é aínda peor. Grecia pasa a ser unha colonia da Unión Europea, sen soberanía e con nula capacidade de decisión sobre os seus asuntos.

O goberno grego está obrigado a enviar á Troika todos os proxectos lexislativos para que esta lle dea o visto bo antes de envialos ao parlamento para a súa aprobación. Grecia tamén está obrigada a transferir activos de 50.000 millóns de euros a un fondo independente que se encargará da súa privatización; eses cartos destinaranse a recapitalizar o sistema financeiro, para pagar débeda e para investimentos. E iso sen mencionar as subidas de impostos, baixada de pensións, reforma da lexislación laboral, … que terán que aprobarse nos próximos tres días. Un disparate!

Visto este acordo, podemos pensar que a Unión Europea, o BCE e o FMI son uns mafiosos e uns terroristas financeiros, e é certo. Pero é responsabilidade do seus dirixentes políticos non permitir este roubo, este asalto á soberanía dun pobo grego. Na súa man está. Antes de tres días o parlamento grego terá que decidir se grecia se axeonlla ou se revela contra a Troika. Moito me temo que se decantarán pola primeira opción.

Unha opinión sobre “Tsipras pon a Grecia de xeonllos

  1. Eo W (vello vieiras) que di o gran chafarote de todo iso, e os podreiros de waldo e os izquierdo unideiros chamados comunecios… onde esta agora esa tropa traidora e renegadora onde se esconden os miserables … estan cabalgando xa co cabalo paxizo que trae a pestilencia e as pragas…. ONDE ESTA O VELLO VIEIRAS????? pois saiu hoxe a expaña a chupar e chupar a facer a sua campaña politicastra pra vender Galiza, barato… barato!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.