Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

Por se alguén tiña algunha dúbida, o Community Manager de Anova encargouse de despexar a incógnita. A organización liderada por Beiras e Martiño Noriega non participará nunha candidatura unitaria do nacionalismo galego nas vindeiras eleccións xerais, unha candidatura de país e sen ataduras a Madrid, co centro de decisión en Galiza.

//platform.twitter.com/widgets.js

O certo é que a min non me sorprende en absoluto, o raro sería o contrario, vendo a traxectoria de Anova nos últimos anos. Pero a declaración “no vai haber pre-amio nunca” é toda unha declaración de intencións de Anova, que acabarán, unha vez máis nos brazos de Izquierda Unida e quen sabe se de Podemos. A aposta dos de Beiras e Martiño é a disolución, non só da súa organización, que isto tráeme sen coidado, senón da parte do nacionalismo que representan, nunha candidatura de ámbito estatal; por iso non é de estrañar a cancha mediática que reciben, eclipsando completamente a única organización política nacionalista que queda, o BNG.

O certo é que as vindeiras eleccións xerais son vitais para Galiza. Hai unha alta probabilidade de que se abra o melón da reforma constitucional. Se Galiza non está representada cunha organización independente, sen ataduras, sen que haxa que preguntarlle a Madrid que é o que se vota, retrocederemos 30 anos, retornaremos á etapa dos deputados “caladiños”, aqueles tempos nos que non se oía a voz de Galiza no Congreso, e corremos o risco de quedar reducidos politicamente á mínima expresión, é dicir, á desaparición, feito, polo que se ve, no que algúns participan de xeito entusiasta.

3 opiniones sobre “Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

  1. Concordo en xeral coa tua análise…, mais habería que facer algunhas precisións, o BNG, ainda que si é o referente nacionalista galego, non é a única organización política nacionalista que queda, ou polo menos, non debe dar isa imaxe…, precisamente, pola importancia das vindeiras Xerais, é fundamental que o BNG faga o esforzo de xenerosidade para conquerir unha candidatura unitaria de país…, da que exclúanse so aqueles que queiran excluirse, (Podemos e Anova por exemplo)…
    Mais, penso que hai que ser moi xenerosos con moitos orfos…, e estou a pensar que isa candidatura de “nación”, (que terá que artellar o BNG por ser a única forza que ten medios humanos e experiencia para encher as mesas de interventores e o país de actos e cartaces igual que tivo que ser a que puso os medios para a manifestación “unitaria” do Día da Patria), ten que abrirse moi xenerosamente a forzas como CxG, os grupos do independentismo, moitos grupos locais e municipalistas como Alternativa dos Veciños e outras candidaturas mesmo escindidas do BNG pero logo humilladas e rexeitadas polos exquisitos hipsters da “novapolítica”, e moitos independentes!…
    So sumando todo o pais que mantén a dignidade e polarizando moito a campaña entre Galiza versus Madrid e cunha candidatura forte, plural e recoñecida será posible acadar unha representación digna nas vindeiras Cortes…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.