A carreira tola dos políticos “low cost”

crazycatladyDespois das eleccións municipais e autonómicas estamos a ver na política estatal unha carreira contrarreloxio para ver quen cobra menos ao asumir cargos públicos, en especial, entre as organizacións que están á esquerda. Organizacións como Podemos, as Mareas ou as candidaturas de unidade popular, converteron o feito de cobrar por desempeñar un cargo, en pouco menos que un sacrilexio, un pecado, cando debería ser normal que unha persoa cobre por desenvolver un traballo público.

Os salarios máximos dos cargos públicos nos concellos están regulados por lei. A Lei de Bases de Réxime Local estabelece como base o salario dun secretario de estado (100.000 euros/ano), e a partir desta cifra estabelécense distintas contías en función do número de habitantes do concello. Canto máis grande é o concello máis cobran o alcalde ou alcaldesa e viceversa. A intención desta norma era regular a disparidade de salarios duns concellos a outros e estabelecer un criterio para todos en función da poboación. Porén, e pesar da norma, que non conta con mínimos estabelecidos por lei, vemos que Manuela Carmena, que é alcaldesa de Madrid, que ten máis de 3 millóns de habitantes, cobrará 45.000 euros brutos, e Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela con 95 mil habitantes, cobrará 51.000 brutos. Como se ve, un disparate.

E neste carreira tola por ver quen cobra menos, sempre hai que gane, os que renuncian ao salario de cargo público, porque teñen outros ingresos e non teñen que cumprir un horario laboral, como lle pasa ao alcalde de Ponteareas do BNG, que renunciou ao seu salario porque é xubilado.

Haberá que deixar pasar un tempo para ver en que dá esta teima de políticos “low cost”. Ao mellor un día despertámonos e de súpeto vemos que só poden dedicarse á política os ricos, como en Estados Unidos, onde todos os candidatos ás primarias dos dous partidos son de clase alta, non hai ningún traballador ou traballadora. E xa sabemos para quen lexisla a plutocracia, verdade? De feito, hai 100 ou 200 anos a política era iso, terreo vedado para as clases populares, que sufrían as lexislacións da aristocracia e da burguesía dirixente. Xa o dixo Marx, a historia repítese dúas veces, primeiro como traxedia e logo como farsa. E niso estamos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s