Unha Marea Galega con dique de contención no Manzanares

Río Manzanares coa catedral da Almudena ao fondo (Fonte: Wikipedia)
Río Manzanares coa catedral da Almudena ao fondo (Fonte: Wikipedia)

Os galegos e galegas coñecemos perfectamente as bondades das mareas nas nosas costas, sen elas e sen as correntes marítimas que as nutren Galiza non sería un referente mundial a nivel marisqueiro e pesqueiro.

Neste sentido, a idea dunha “Marea Galega” para concorrer ás eleccións xerais, onde conflúan organizacións políticas e sociais galegas, é unha idea moi potente a nivel electoral, que empurraría a Madrid unha preamar de dignidade en defensa do noso país, que traería na súa baixamar mellores condicións para os nosos sectores produtivos e benestar para todos os galegos e galegas, sempre e cando non houbese polo medio obstáculos que impedisen este refluxo. Se esta é a idea da “Marea Galega”, coido que non habería maior problema para a confluencia de todas as organizacións asentadas en Galiza, desde Anova até Compromiso por Galiza, pasando polo BNG, e porque non, Esquerda Unida.

Mais polo que estamos a ver, a idea da “Marea Galega” non é esa. Os de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro xa hai semanas que teñen pactada a súa confluencia electoral con organizacións de ámbito estatal, posibelmente Podemos e “Ahora en Común”, que condicionarán a enerxía electoral que emane do pobo galego. Ambas as dúas forzas políticas de ámbito estatal serán un dique de contención desa enerxía, que a manipularán e utilizarán para os seus intereses, que non serán os do pobo galego, serán os de España. Para isto, evidentemente, non facía falta unha “Marea Galega”, xa están PP e PSOE que utilizan os seus representantes galegos para votar reiteradamente contra os intereses de Galiza, e aí están as hemerotecas para comprobalo.

O pobo galego existe e ten organizacións políticas propias que se unirán para confluír nunha candidatura electoral para concorrer as eleccións Xerais. Chámese como se chame esta candidatura só ten un mandato: defender Galiza sen ataduras e sen submisións a intereses alleos, como fixo o BNG nos últimos 20 anos no Congreso dos Deputados.

2 opiniones sobre “Unha Marea Galega con dique de contención no Manzanares

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.