As persoas refuxiadas como escusa para atacar Siria

Persoas refuxiadas nos andeis dunha estación de Hungría
Persoas refuxiadas nos andeis dunha estación de Hungría

Nestas últimas semanas asistimos a un espectáculo dantesco nos medios de comunicación a conta das persoas refuxiadas que foxen das guerras de Siria e Irak, ambos os dous conflitos patrocinados polo Imperialismo e coa colaboración entusiasta dalgúns Estados da Unión Europea que financiaron e adestraron ao Estado Islámico que aterroriza Oriente Próximo e o norte de Áfica.

Mais teño a lixeria impresión que este drama vai ser aproveitado para rematar dunha vez por todas con Assad, o presidente Sirio, que malia as potencias occidentais e o ISIS, aguante estoicamente unha guerra que xa dura seis anos e que está a producir a fuxida en masa de miles de persoas de Siria ao grito de “Assad mátanos”.

Dificilmente se podería xustificar unha intervención militar contra Siria, nunha poboación europea que xa viu as consecuencias que tivo a de Irak. Mais as imaxes terríbeis das persoas refuxiadas abrandarán as conciencias pacifistas de moitas persoas, que aplaudirán calquera solución para rematar con este drama, que, en todo caso, patrocinou Occidente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.