Menuda empanada mental!

facepalmDi Beiras que se fora catalán votaría á CUP, que está a favor da independencia de Catalunya e da saída da Unión Europea. Até aquí correcto. Mais como galego prefire ir nunha candidatura con Podemos, dos cales a CUP non quere saber nada, xa que os de Iglesias están en contra da independencia de Catalunya, aínda que -disque- respectan o seu dereito a decidir (a decidir o que eles queren, claro). Ademais, Podemos está a favor da Unión Europea e do Euro.

Beiras tamén fala de confluencia, de unidade popular, de cidadanía “empoleirada” e non sei que mais, pero de cara ás Xerais prefire ir de ganchete de Pablo Iglesias, antes que ir nunha candidatura galega de unidade.

A coherencia en política é importante. Un pode entender, aínda que non o comparta, que por tacticismo electoral se sexa oportunista, pero é que este desparrame ideolóxico xa supera a calquera. Beiras ten unha emapanada mental de campeonato, e non sería de estrañar que a súa biografía política acabe publicada en El Jueves, El Mundo Today ou Troleada Galega.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.