Anova, Esquerda Unida e Podemos non queren confluencia

A noticia que avanza hoxe La Voz de Galicia é seguramente un mazazo para moitas persoas que confiaban nunha candidatura conxunta dos partidos e dos colectivos que se atopan antípodas do PP e do PSOE, e que queren que Galiza conte cun forte presenza política no Congreso dos Deputados, nunha lexislatura na que seguramente se decidirán moitas cousas que terán a ver coa construción do Estado emanada da sacrosanta Constitución Española de 1978.

Eu non tiña ningunha confianza en que se dera o escenario de ver ao BNG, Anova, Esquerda Unida e Podemos, principalmente, nunha candidatura conxunta. Ao longo dos últimos meses, e malia os esforzos e a xenerosidade do BNG, Anova e Esquerda Unida xa tiñan claro e apalabrado con Podemos unha candidatura deles sós ás eleccións xerais; unha candidatura, que a pesar da máis que probábel unión das “mareas” municipais, será unha candidata de partidos e non de cidadanía, construída de arriba para abaixo e non ao revés, como a eles lles gusta dicir.

A Iniciativa pola Unión tamén fixo esforzos para concretar esa candidatura conxunta, pero á vista está que a decisión de Anova, Esquerda Unida e Podemos xa estaba tomada de antemán, e o único que facían era escenificar un entendemento que estaba condenado a fracasar, tal e como explicitou Anova non hai moitos meses.

Dous non se xuntan se un non quere, e é evidente que Anova, Esquerda Unida e Podemos non queren unión, non queren confluencia das forzas políticas galegas, non queren que Galiza teña unha forte presenza política, o único que queren é que Pablo Iglesias sexa Presidente do Goberno.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.