Por que quere pechar Podemos o acordo con Anova e Esquerda Unida antes do domingo 27S?

equilibrio-jcSegundo informa La Voz de Galicia, portavoz oficioso de Podemos, Anova e Esquerda Unida, o pacto para as Xerais pecharase antes das eleccións catalás do 27 de setembro. A pesar do paripé mantido nos últimos meses o pacto estaba cantado desde antes do verán –de aí o cachondeo de Beiras e Yolanda Díaz hai un días-, pero que o acordo se peche presumibelmente antes do domingo só ten unha explicación desde o meu punto de vista.

Podemos sempre mantivo unha posición ambigua a respecto da independencia de Catalunya. Din respectar o dereito a decidir do pobo catalán, pero sen embargo opóñense a que Catalunya deixe de formar parte do Estado español. Supostamente con este posicionamento contentarían a varias sectores: a unha parte do electorado catalán proclive ao independentismo, á progresía española pero tamén aos que cren na unidade indivisíbel de España. Xa se sabe, nin de esquerda nin de dereitas.

Mais como adoita acontecer cando queres contentar a todos ao final non contentas a ninguén, porque chegará o momento no que Podemos terá que posicionarse claramente a favor ou en contra da independencia, e é nese punto onde o castelo de naipes caerá con estrépito.

Neste sentido, se se pecha un acordo antes do 27S, Podemos asegúrase en Galiza un número nada desprezábel de votos, pero se o domingo gaña o independentismo, tarde ou cedo Podemos terá que pronunciarse sobre a independencia de Catalunya e iso será un verdadeiro problema para Anova. Podemos, por moito que digan, está en contra da independencia de Catalunya e mesmo está a favor da suspensión da autonomía como apuntan diversos medios. Isto faría moi difícil un acordo posterior a esa data, especialmente con Beiras e Anova. É esta a razón -na miña modesta opinión- pola que Podemos quere amarrar o acordo antes do 27S.

Se xa é difícil que o electorado de Anova entenda un acordo entre cúpulas como o que se está artellando na sombra, se finalmente se cumpre a folla de ruta descrita, calquera cousa poderá pasar dentro de Anova, que vivirá a enésima crise existencial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.