VolkswagenGate: acción, reacción

accic3b3n

A ver, cantos dos que comprastes coche no último ano mirastes o índice de emisións contaminantes antes de decidirvos por un ou outro modelo? Se exceptuamos as persoas que se decidiron por un coche eléctrico ou híbrido, o resto seguro que esa foi a última das súas preocupacións. O consumo, a cor, o equipamento, os sistemas de seguridade, o equipo de son, as iantas, a tapicería… e por suposto, o prezo e moi probabelmente o financiamento; iso é o que nos preocupa dun coche; dubido moito que unha persoa rexeitaran comprar tal modelo polo índice de emisións contaminantes, pola simple razón de que iso, sinceramente, non nos preocupa en absoluto.

Por este motivo non entendo moi ben a repercusión que tivo o truco de Volkswagen mediante software para falsear os controis de emisións contaminantes nos vehículos diesel. É certo, enganaron á xente, pero no Estado español e en moitos outros a velocidade máxima permitida é de 120 km/h e non hai modelo de coche que non supere de longo esa velocidade, sendo a causa de miles de mortos ao ano, e aquí non pasa nada.

Por iso, como a min me parece un tanto exaxerada a repercusión mediática deste asunto, e non vin por ningures colas nos talleres oficiais de clientes enganados, ao mellor o VolkswagenGate é a reacción a unha acción política de Merkel a respecto de Siria que non gustou ao outro lado do charco, que foi de onde xurdiu a denuncia, un país onde o parque automobilístico de diesel é insignificante.

Quen sabe!

3 opiniones sobre “VolkswagenGate: acción, reacción

  1. Hai varias cuestións que non tratas:
    1º A fiabilidade, ti, eu ou calquera podemos facer unha “trampa” para sacar unha vantaxe, non as vou numerar, máis que unha marca alemana faga esatrampa… ninguen compra un engano se o sabe e iso é o trauma do negocio, VW fai trampa vw non é fiábel.
    2º É incríbel que as normas de emisións se pairan na UE (onde manda moito alemaña) e non sexan quen de adaptalas ao seu primeiro fabricante… conclusión fan moita trampa. Os TDI 2.0 son autenticas máquinas de matar de contaminación.
    3º Por último o máis sinxelo e non mencionas, o combustíbel no que a relación prezo/contaminación/ e sustentabilidade económica máis efectivo é o Gas licuado (butano e propano de toda a vida). Aforrar en vehículo,aforras en mantemento, aforras e combustibel (0,605 cent/litro). Os hibridos electricos contaminan algo máis comparados vehiculos da mesma potencia.

    Gústame

    1. Ola. Eu entendo por fiabilidade nun coche ter máis ou menos avarías. O que fixo VW non o fai máis nin menos fiábel, simplemente que o coche contamina máis que o resto (supoño, claro). Eu o que dixen no artigo é que ninguén se fixa nas emisións á hora de comprar un coche.

      Outras marcas non fan a trampa via software de VW, pero si implementan a válvula EGR para minimizar as emisións, que é unha trampa para o peto do usuario, xa que hai que cambiarlla cada certo tempo, cun custe entre 200 ou 300 euros, e iso tampouco llo contan ao usuario cando compra o coche.

      https://www.google.es/search?client=ubuntu&channel=fs&q=valvula+egr+problemas&ie=utf-8&oe=utf-8&gfe_rd=cr&ei=4W4JVrO5GIbu8wfa-YCwBg

      Trampas, como vemos, fanas todos.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.