As redes sociais acabaron co anonimato das persoas

anonimatoHoxe atopei no meu timeline de Twitter un anuncio patrocinado dunha aplicación que permite “atopar ás persoas coas que te cruzas pola rúa”. Non a probei, e habería que ver até que extremo é así. Mais o que está claro é que as redes sociais acabaron co anonimato e coa intimidade das persoas. Unha feito aparentemente sinxelo e inocente como a etiquetaxe dunha dunha persoa nunha fotografía nunha rede social, permite atopala entre os billóns -si, co b- de fotos que se soben á diario a Twitter ou Facebook. Se ao mesmo tempo temos activada a localización por GPS, non é difícil que unha aplicación deste tipo te ubique nun lugar concreto en tempo real. É o 1984 de Orwel convertido en real, o soño de calquera goberno e de calquera acosador.

Chamádeme paranoico, mais coido que deberíamos ter moito coidado co que subimos ás redes sociais e que facemos neste espazo. Son aparentemente inocuas e inocentes, pero son a principal ferramenta de análise e control social que existe hoxe en día. Se calquera de nós pode localizar unha persoa anónima coa que te cruzas pola rúa, imaxinade o que pode facer un goberno? As redes sociais acabaron co anonimato das persoas.

//platform.twitter.com/widgets.js

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.