O 20D decidimos se Galiza ten voz propia ou voltamos á procesión dos caladiños

congresoA aparición do BNG nas Cortes do Estado español en 1996, hai case 20 anos, marcou un punto de inflexión na política galega. Desde aquela Galiza tiña voz propia no Congreso, xa non dependía das alternancias do bipartidismo nin dos intereses xerais do Estado que os problemas do pobo galego tivesen altofalantes en Madrid. Os deputados e deputadas do BNG non dependían de ninguén para tratar estas ou aquelas iniciativas.

Clarificado o “culebrón” da candidatura unitaria das forzas de esquerda e nacionalistas galegas, postas as carta boca arriba definitivamente, agora xa fica claro que candidatura galega só haberá a de “Nós, candidatura galega”. O resto de opcións son sucursais de organizacións estatais, sexan estas PP, PSO, Podemos ou Ciudadanos, que como as entidades bancarias, buscan aproveitarse do noso voto, do voto das galegas e galegos, para servir aos seus intereses partidistas e de estado, que como xa sabemos non son os intereses do pobo galego.

Por iso o 20D os galegos e galegas non decidimos se Rajoy ou Pedro Sánchez son presidentes, nin se Rivera ou Iglesias son ministros, o 20D Galiza decide se segue a ter unha voz propia da man de “Nós, candidatura galega” ou volve ao pasado, volve á procesión dos caladiños, volve a un deputados electos -iso si- na Galiza, pero inútiles para os interese do noso país. Depende de nós!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.