A CUP equivócase

cupAs eleccións catalás do 27 de setembro pasado abriron a posibilidade da ruptura democrática do Estado español, rachando o statu quo emanado da Transición e a Ditadura. Todo quedara atado e ben atado, mais non de todo; fixo falta unha crise económica para que o independentismo catalán catalizara unha reposta democrática, de soberanía do pobo, que quere decidir por si mesmo o seu futuro.

A pesar de que hai unha maioría absoluta de cataláns e catalás, representados nas bancadas de Junts pel Si e a CUP, que queren camiñar cara independencia do Estado español, a investidura do presidente atopa co voto negativo desta última organización, pola simple razón de que non queren votar a Ártur Mas, un presidente imputado, non por corrupción, senón por convocar unha consulta popular.

É certo que eles dixeron durante a campaña electoral que non votarían a Mas, as promesas electorais están para cumprilas. Pero tamén é certo que a CUP prometeu camiñar cara a independencia e iso tamén hai que cumprilo.

Os proxectos políticos son máis importante cas persoas e Junts pel Si e a CUP comparten un mesmo proxecto político para Catalunya, con matices, pero o obxectivo é o mesmo, a independencia.

Un barco necesita un capitán, pero sen tripulación chegaría a ningures. Fica claro que á CUP non lle gusta o capitán Mas, pero sen el o barco independentista camiña irremediabelmente cara as rochas. As oportunidades hai que aproveitalas cando se prensentan. Agora é o momento de poñer en marcha o proxecto común que une a Junts pel Si e a CUP. Mañá pode ser tarde e España gañará, non hai mais que botar un ollo á prensa do réxime do 78 para ver que contentos están.

Por todo isto, afirmo que a CUP equivócase.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.