Unha sospeitosa casualidade

manuel vallsO pasado fin de semana o PSOE tiña no IFEMA de Madrid a súa conferencia política. A este evento estaban convidados altos dirixentes políticos da Unión Europea, entre eles o primeiro ministro francés, Manuel Valls, pero por “cuestións de axenda do seu goberno”, cancela a súa viaxe a Madrid a véspera do conclave socialista, o venres 13 de novembro; así por o recolle o xornal dixital El Diario na seguinte noticia, publicada ás 17 horas dese mesmo día.

A cancelación desta viaxe, que seguro que se planificou con semanas de antelación, non deixaría de ser unha anécdota, se non fora porque ese mesmo día, pero pola noite, a capital de Francia viviu unha noite de pesadelo por mor dos atentados terroristas que sufriu e no que morreron 130 persoas

Pero aínda hai máis. Segundo a mesma noticia de El Diario, na conferencia política do PSOE tamén estaban confirmados Matteo Renzi, primeiro ministro italiano, Sigmar Gabriel, vicepresidente de Alemaña, ou a alta representante da Unión Europea para Política Exterior e de Seguranza Común, Federica Mogherini, pero finalmente tampouco asisten, aínda que no artigo non especifica nada a respecto destas cancelación, polo que non sabemos se foi tamén por “cuestións de axenda do seu goberno”.

Como dixen antes, estas viaxes planifícanse con semanas de antelación, e é cando menos estraño que un dirixente político como Manuel Valls se lle pasara algún pequeno detalle por alto para ter que cancelar a súa viaxe a Madrid, deixando ao pobre Pedro Sánchez tirado; e todo isto ocorre o mesmo día que Francia vive o peor ataque terrorista da súa historia recente. Se a isto lle engadimos a cancelación das outras personalidades, entre elas a da representante da Unión Europea para Política Exterior e de Seguranza Común, cabe pensar que estes dirixentes, especialmente o francés, sabían que ía ocorrer un atentado inminente, porque non se entende que tantas persoas cancelen a súa viaxe a Madrid ese mesmo día.

Casualidade é que Manuel Valls caia da bicicleta e rompa unha perna, como lle pasou a John Kerry, pero que cancele unha viaxe a Madrid o mesmo día que hai un gran atentado terrorista no seu país é unha sospeitosa casualidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.