O Estado español entrará en guerra contra o Estado Islámico polas boas ou polas malas

Cospedal e RajoyNos últimos días non son poucos voceiros que chaman ao Estado español a entrar en guerra contra Estado Islámico acompañando a Francia e ao que se chama coalición internacional. Como membro da OTAN e formando parte da Unión Europea, o Estado español está obrigado e brindar axuda a un estado membro se este o pide, como é o caso.

Rajoy, coas eleccións ás portas, non se quere mollar. Iría encantado á guerra, pero por cálculos electorais, prefire adiar a resposta até despois das eleccións, o mesmo que os resto dos partidos que conforman o tetrapartidismo, PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos.

Mais esta presión que está a sufrir o presidente do goberno para que tome un decisión canto antes por parte das autoridades francesas e por medios de comunicación pro-imperialistas como El País, fan temerme o peor. O que se coñece como “comunidade internacional” non é democrática, é unha mafia, e compórtase como tal. Neste sentido, non sería impensábel que de non tomar o Goberno unha decisión antes das eleccións, se vexa obrigado a tomala froito dun atentado sufrido en territorio español de aquí ás eleccións. É dicir, non queres entrar en guerra polas boas? Pois xa entrarás polas malas!

Como dixen, isto é unha mafia e así actúa a mafia. Chámanlle democrácia e non o é. Estamos, non xa nun estado policial, senón nun sistema policial que ten asustados os seus cidadáns e cidadás, porque é o único xeito de levar o seu programa neoliberal. E peor aínda está por vir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.