A CUP empata, Catalunya perde

balanzaAs oportunidades están para aproveitalas e moito me temo que Catalunya perdeu a oportunidade histórica para acadar a súa independencia. Tres meses despois das eleccións plebicistarias do 27 de setembro o goberno catalán que debía poñer en marcha toda a maquinaria política e burocrática que os levase á independencia, segue estancado por mor da decisión dun único partido político, a CUP, que a pesar de declararse independentista, pesa tanto a súa teima de impedir que sexa Mas o que pilote todo ese proceso que ilusionou a máis de dous millóns de persoas hai tres meses. O resultado da asemblea da CUP de onte 27 de decembro será todo o democrático que se queira, pero ese empate é unha vitoria para os que non queren a independencia de Catalunya, para os que queren que todo siga igual. De celebrarse novas eleccións, e todo parece indicar que así será, o resultado tampouco será o mesmo que o que se deu o 27 de setembro.

Unha opinión sobre “A CUP empata, Catalunya perde

  1. Admito que o resultado de onte sexa chocante ou frustrante. Mais non comprendo o fatalismo (pouco ou nada argumentado) sob o que se edifica a tese de que sen Artur Mas como President non haberá independencia. E o cuestiono a sabendas das enormes incertezas que abrirían uns novos comicios para o procés. Porén, visar que a rota imposta por JpS até o momento é o único vieiro para destrancar a situación, non se sostén. De entrada, porque caben outros escenarios (fin do statu quo ERC-CDC no seo de JpS, proposta doutro nome de CDC, retirada voluntaria de Mas….). Opcións certamente máis probábeis que o improbábel, mais real, empate de onte.

    Sobre esta cuestión escrebín dous textos, que pouso aquí para non alongar máis o comentario:
    -CUP e a incóngita Mas: http://contradiscurso.blogaliza.org/2015/12/28/cup-e-a-incognita-mas/
    -O empate na CUP devolve a pelota ao tellado de JpS: http://contradiscurso.blogaliza.org/2015/12/28/o-empate-na-cup-devolve-a-pelota-ao-tellado-de-jps/

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.