Voto útil vs voto da conciencia

TravoltaSe comparamos os votos ao Congreso e ao Senado das distintas candidaturas que se presentaron ás eleccións xerais do 20D atopámonos cun dato curioso: Nós Candidatura Galega é a única que gaña votos ao Senado (40.757) en comparación cos votos ao Congreso, mentres todos os demais (PP, PSOE, Ciudadanos e En Marea) pérdenos.

XERAIS 2015
CANDIDATURA SENADO* CONGRESO DIFERENZA
Nós 111.221 70.464 40.757
En Marea 351.562 408.370 -56.808
PP 560.925 605.178 -44.253
PSOE 326.659 347.942 -21.283
Ciudadanos 109.288 147.910 -38.622

Pero isto non é un feito illado. Se facemos a mesma comparación, pero dos datos das eleccións xerais de 2011, atopámonos coa mesma situación: o BNG é a única forza política que gaña votos no Senado, uns votos -tanto os de 2011 como os de 2015- que non lle serven para nada, pero reflicte un comportamento curioso do electorado galego: o voto da conciencia.

XERAIS 2011
CANDIDATURA SENADO* CONGRESO DIFERENZA
BNG 212.750 183.279 29.471
PP 682.787 855.732 -172.945
PSOE 397.894 451.533 -53.639

As eleccións xerais son seguramente as únicas onde o electorado galego pode ter un voto dual: gustaríalle votar ao BNG porque é a única organización que defende Galiza, pero as chamadas ao voto útil (dos outros partidos e/ou coalicións ou mesmo as enquisas) fai que se decante por esta última opción que ten máis posibilidades (de gobernar, desbancar ao PP, etc, etc), compensando á organización nacionalista no Senado para que a súa conciencia quede tranquila.

O voto da conciencia é un voto inútil, non só para o nacionalismo galego, senón para o país, incapaz de apostar por organizacións propias, mentres Galiza se desfai a cachos coa emigración e o colapso dos seus principais sectores produtivos.

* Os datos do Senado que se reflicten nas táboas correspóndense co mellor dato acadado pol@s distint@s candidat@s das candidaturas correspondentes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s