Cando os reis magos son os amigos de Compostela Aberta

reismagosA un neno pequeno podes dicirlle que os reis magos son os pais e non te cree, porque os ve todos os anos na cabalgata da súa localidade e os pais están con el, ao seu carón, así que é imposíbel que os seus proxenitores sexan as súas maxestades. Logo, coa idade, segundo se vaia facendo maior, verá, non sen certa desilusión, que os que lle traían os agasallos de Nadal eran, efectivamente, os seus país e parentes, e os que percorren as rúas da súa localidade son persoas pagadas polo concello.

As persoas que votaron Compostela Aberta as pasadas eleccións municipais fixérono crendo ao pé da letra o discurso de concello aberto, participativo, transparente, … para superar os sucesivos escándalos do PP, que fixo da institución municipal a parcela privada dos amigos. Cambiou o goberno, pero seguen os vicios do anterior, e agora resulta que os reis magos que percorreron as rúas de Santiago se Compostela o pasado martes foron contratados á cooperativa Urdime, dirixida por amigos e amigas de Compostela Aberta e do seu líder e alcalde, Martiño Noriega.

Ao igual que os nenos e nenas que non se cren que os reis magos son os pais e nais, @s votantes de Compostela Aberta tampouco se cren que as súas maxestades sexan os amigos desta organización, porque eles eran distintos e ían rematar coa política de “amiguetes” do PP. A realidade é moi distinta.

Non sei canto lle durará a Martiño Noriega a ilusión que xerou o seu proxecto político, mais como no caso dos nenos cos reis magos, ao final acábase sabendo a verdade, non só co caso que nos ocupa, senón con todo o demais. Só un exemplo máis: o que ía ser o goberno que convertería o Pazo de Raxoi en cristal ten a páxina dos contratos menores en obras, aqueles que se poden dar a dedo (falando en prata), sempre que non superen os 50.000 euros, e os únicos que si se poden ver son os do goberno do PP. Curioso!

9 opiniones sobre “Cando os reis magos son os amigos de Compostela Aberta

  1. Os mesmos amigos que tamén lle fixeron traballos ó pp na coruña, ó bng en pontevedra… Tamén que caso…teñen amigos ata no inferno. Non mo explico, igual traballan pra uns que pa outros. Eu se a panadeira que pasa por diante da porta é do meu partido non lle collo pan pra que non falen as malas linguas, antes morro de fame… Que caso…seguro que coma min andan mais…
    Vai pechar o correo gallego pero vexo que xa hai quen colleu o testigo 🙂

    Gústame

  2. La gente de Urdime organizó algunos de los mejores festivales en el Ayuntamiento de La Coruña de lo que va de década que aún se recuerdan con respeto y admiracuón

    Gústame

  3. Urdime también organizó la cabalgata de reyes en la capital orensana ttp://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/01/07/concello-ourense-pidio-carrozas-reyes-averiaron-empresa-creada-9-meses/0003_201501G7P5994.htm

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.