Unha En Marea sen autonomía asume a estratexia e as liñas vermellas de Podemos

linha-vermellaAs persoas que pulabamos por unha candidatura conxunta ao Congreso tiñamos claro que un dos principios irrenunciábeis era que os deputados ou grupo parlamentar actuarían con total independencia e sen submisións a ningún partido ou forza política estatal. Como todo o mundo sabe non houbo candidatura conxunta, presentáronse dúas candidaturas que con maior ou menor énfase dicían defender eses principios, Nós Candidatura Galega e En Marea. A primeira das candidaturas quedou sen nada e a segunda acadou 6 deputados e 2 senadores; todo un éxito, todo hai que dicilo.

A priori En Marea ten todo a favor para conformar ese grupo que lle permita non só ter máis tempo de intervención nos plenos, senón tamén máis aportacións económicas para ese grupo, pero non vou perder un segundo en argumentar se En Marea pode ou non pode conformar un grupo no Congreso, porque o fundamental, o verdadeiramente importante, o da independencia e non submisión a forzas políticas de ámbito estatal, parece que non é o prioritario para En Marea.

Así por exemplo, aos poucos días das eleccións, o 26 de decembro, Beiras sinalaba que compartía as liñas vermellas de Podemos, isto é, facilitar un referendo de autodeterminación en Catalunya como conditio sine quam non para conformar un goberno alternativo ao PP, unhas liñas vermellas que o líder de Anova volveu refrendar o pasado 6 de xaneiro após a reunión mantida con Pablo Iglesias en Madrid. É dicir, que En Marea non ten unha estratexia propia, a súa estratexia política é a de Podemos, algo que xa comentei o pasado mes de agosto. E por se isto non fose suficiente, é Carolina Bescansa de Podemos a que solicita aos demais grupos que En Marea, así como as outras coalicións, poidan ter grupo propio no Congreso. É dicir, En Marea ten cero de autonomía respecto de Podemos.

O lóxico sería que a coalición de Anova, Esquerda Unida e Podemos que se presentou en Galiza negociara por si mesma, non só a conformación dun grupo propio, senón tamén a conformación dunha alternativa ao PP, poñendo enriba da mesa de negociacións as prioridades e os intereses do pobo galego, e non os de Podemos.

Durante os 20 anos que o BNG tivo representación no Congreso dos deputados nunca tivo grupo propio, pero iso non lle impediu ter autonomía e soberanía para negociar por si mesmo a prol dos intereses de Galiza.

Con grupo ou sen grupo isto é o que lle agarda aos deputados e deputadas de En Marea; e non o digo eu, dío Salvador Fernández Moreda do PSOE, que de submisións a forzas políticas estatais sabe bastante e ten abondo experiencia.

Unha opinión sobre “Unha En Marea sen autonomía asume a estratexia e as liñas vermellas de Podemos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.