Catalunya camiño da independencia

Onte pola mañá todo parecía indicar que Catalunya estaba abocada á repetir eleccións após 3 meses de negociacións entres Junts pel Si e a CUP, con asemblea esperpéntica incluída por parte destes últimos. Mais a volatilidade que caracteriza a política de hoxe en día deu un xiro de 180º para acabar e pola tarde o presidente en funcións Mas anunciaba o acordo entre ambas formacións, co que se constituiría o primeiro goberno independentista de Catalunya, cunha folla de ruta clara que os levará a independencia.

O acordo contenta a todos. Junts pel Si asegúrase a maioría dos votos, xa que a CUP cederá dous deputados a este grupo parlamentar, e a CUP cóbrase a cabeza de Artur Mas, que a pesar de todo demostra unha grande habilidade política, collendo co pé cambiado a todo o españolismo, desde o PP até Podemos, pasando por PSOE e Ciudadanos, que non agardaba a estas alturas unha xogada deste nivel, pero tamén polo seu sincero patriotismo.

Con todo o novo goberno catalán, -se é que se cumpren as previsións- non o terá doado. O proceso independentista quedou moi tocado por estes 3 meses de negociacións que culminaron nun acordo in extremis. Pero por outra banda hai que ver que é o que fai o goberno español, e sobre todo como se conforma o novo goberno. Haberá que estar atentos aos movementos das próximas horas e días.

E xa para rematar, alégrame estar equivocado. Eu era un deses escépticos que non daba un peso polo proceso soberanista catalán logo de como se xestionou o resultado e as negociacións posteriores. Parabéns Catalunya!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.