O de AGE é unha tomadura de pelo

tomadura de peloNos próximos días tomará posesión unha deputada que concorreu na lista de AGE nas pasadas eleccións Galegas de 2012, pero por discrepancias coa coalición electoral, pasarase ao grupo mixto, onde xa hai dúas deputadas tamén escindidas de AGE. A primeira foi Carme Iglesias, que se negou a ceder o posto logo da dimisión do cabeza de lista por Ourense, a segunda é Chelo Martínez, escinda tamén do grupo de AGE, escindida á súa vez de Anova, milita nas filas de CERNA, igual que a terceira, Mónica Fernández, que entra en substitución de Yolanda Díaz, deputada agora no Congreso. Estes movementos no grupo parlamentar de AGE provocarán que o BNG pase a ser o terceiro en número de deputados, no canto do cuarto

O que pasa en AGE é unha verdadeira tomadura de pelo ás 200 mil persoas que lle votaron, pero demostra que a esas miles de persoas impórtalles un pito todo o que pasa no Parlamento Galego, porque senón non se entende que En Marea sacara os resultados tan bos que sacou.

O que si está claro é que se a lexislatura durara un par de anos máis, AGE remataría con cero deputados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s