Pero cantos deputad@s ten Podemos?

A ver, cantos deputados ten Podemos no Congreso? Esa é a pregunta do millón que Pablo Iglesias non quere contestar, que, de facelo, aclararía definitivamente o lío que hai montado co grupo parlamentar de En Marea e o resto de coalicións coas que Podemos concorreu ás eleccións do 20 de decembro en Galiza, Valencia e Catalunya.

Só hai que visualizar este pequeno vídeo para decatármonos que o líder de Podemos elude responder á pregunta concreta, soltado un discurso que nada tiña a ver coa pregunta, e ante a insistencia do xornalista para que aclarara o número concreto de deputadas e deputadas que ten a formación morada, Pablo Iglesias responde cun clamoroso silencio, só roto pola frase “xa respondín”.

O líder de podemos elude responder a unha pregunta tan concreta, consciente de que diga o que diga acabará pillado na mentira. O lóxico sería dicir que ten 42, -iso é o que lle atribúe o Ministerio do Interior-, en coherencia co discurso dos catro grupos parlamentares que esta semana acaparou atención mediática do seu partido, pero obviamente non é o mesmo ter 42 -só dous deputados por riba de Ciudadanos e a 48 do PSOE- que ter 69, a 21 da formación de Pedro Sánchez.

Sen embargo, o líder de Podemos opta por botar balóns fora e non responder á pregunta concreta do xornalista, deixando entrever que está encantado cos 69 deputados e deputadas, non só por cuestións económicas, senón de imaxe antes os adversarios políticos, a opinión pública e ante unhas posíbeis negociacións co PSOE para conformar goberno.

O que si está claro é que Pablo Iglesias esconde algo, esconde moi probabelmente as verdadeiras intencións das coalicións en Galiza, Catalunya e Valencia, que era acaparar votos e deputados para a súa formación utilizando a mentira dos grupos parlamentares. Se a intención fora outra, está claro que Podemos, Anova e Esquerda Unida rexistrarían no seu momento un partido político instrumental no Ministerio do Interior concorrendo ás eleccións baixo esas siglas, co cal agora mesmo non estariamos a voltas co tema dos catro grupos parlamentares de Podemos.

2 thoughts on “Pero cantos deputad@s ten Podemos?

  1. Xa se van sabendo cousas!…
    Sei que o pacto en Valencia contemplaba as clausulas de divorcio, Compromís vaise desligar de Podemos, ben no mixto, ben formando grupo con outros para acadar 15 deputados!…
    No caso da Marea, sei que os ten mais amarrados polo pacto!…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s