O PP subvenciona a quen non fai nada pola nosa lingua

Hoxe o DOG publica unha resolución da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que se dá conta dos convenios con determinados grupos de comunicación para “potenciar o uso do idioma galego” (sic).

MEDIO DE COMUNICACIÓN IMPORTE
La Voz de Galicia 149.500,00
Faro de Vigo 63.000,00
El Progreso de Lugo 35.000,00
La Región 23.000,00
El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa 15.500,00
La Opinión de A Coruña 15.000,00
TOTAL 301.000,00

Como se pode ver na táboa, o grupo de comunicación que se leva o maior importe das subvencións públicas é La Voz de Galicia con 149.500 €, seguido do Faro de Vigo con 63.000 €, uns medios de comunicación que, como todo o mundo sabe, caracterízanse pola defensa do idioma, do idioma de Cervantes, claro está!

Na listaxe de convenios asinados con grupos de comunicación non aparecen Sermos Galiza nin Praza, que si se caracterizan por publicar integramente no noso idioma, mesmo en papel como é o caso do primeiro.

Evidentemente non é a primeira vez que o PP asina este tipo de convenios con medios de comunicación para potenciar o uso do idioma galego. Está claro que o que menos lle importa ao PP é o galego; de ser así, e logo de comprobar a publicacións diarias deste medios, veríase claramente que o que non abunda precisamente é a nosa lingua, e non serían merecedores de subvención algunha. O que si aparece, curiosamente, é unha política informativa que claramente beneficia a quen reparte as subvencións públicas.

O galego necesita apoio e potenciación nos medios de comunicación. O que fai o PP é agasallar con cartos públicos a aqueles que se portan ben co partido e castigar a aqueles que non o son tanto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.