Mariano Rajoy pásalle a pataca quente aos demais

Mariano Rajoy está moi ben asesorado, e non son eu aínda que escribía isto ás tres da tarde de hoxe venres 22 de xaneiro.

//platform.twitter.com/widgets.js

O presidente en funcións estaba contra as cordas e estaba condenado a ir a unha sesión de investidura condenada a perdela, por mor da presión de ser a forza máis votada, pero tamén polas presións dun PSOE que quería non adiantar acontecementos e cumprir os prazos e as formas. Pero a escenificación inconsciente de Pablo Iglesias de hoxe pola mañá, repartindo carteiras ministeriais como quen reparte caramelos á porta dun colexio, deixoulle en bandexa a Mariano Rajoy un sorprendente golpe de de timón e pásalle a pataca quente aos demais, especialmente PSOE e Podemos.

Agora mesmo a pelota está no tellado dos demais, que só teñen unha oportunidade para formar goberno. Se fracasan, será Mariano Rajoy e o PP os que “salven España”, ben gobernando en minoría coa abstención do PSOE ou convocando novas eleccións, onde o PP será o grande triunfador, quedando moi tocados todos os demais.

É unha xogada mestra da estratexia política.

2 opiniones sobre “Mariano Rajoy pásalle a pataca quente aos demais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.