A torpeza política de Pablo Iglesias

beanTodo o mundo ten a Pablo Iglesias como unha persoa moi lida e moi lista, mais onte demostrou a torpeza política dun afeccionado con escano nas Cortes.

O líder de Podemos vive obsesionado con sobrepasar ao PSOE e dentro desa estratexia de acurralar a un partido que ten 136 anos, non contempla que no taboleiro de xogo da política española hai máis xogadores que os dous partidos mencionados.

A exhibición de torpeza política que fixo onte Pablo Iglesias, non só tira ao lixo a súa estratexia de acurralar ao PSOE, forzando un acordo que a Pablo Iglesias non lle interesa, senón que racha tamén a estratexia do PSOE, centrada no Partido Popular, pero que ten tamén en contra as debilidades e fortalezas dos demais. Vamos, que sabe máis o demo por vello que por demo, e iso é algo que ignora Pablo Iglesias, cegado pola a ambición e a soberbia da que tantas veces fai gala.

Como xa dixen, o inconsciente reparto de carteiras ministeriais que fixo onte Pablo Iglesias, brindoulle a Mariano Rajoy a oportunidade de ouro de zafar dunha investidura que a estas alturas ía perder, pasándolle a responsabilidade ao resto. Está por ver, se a xogada lle sae ben ao presidente en funcións, pero como lle saia…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.