De sillóns e xente

O slogan de Podemos de hai uns meses era “lo que diga la gente” ou “los problemas de la gente primero”. Pois desde que esta formación política entrou no Congreso mudou substancialmente o slogan, e agora o que importan son os sillóns e os cargos. Primeiro a súa maior preocupación foi a conformación de catro grupos; a semana pasada Pablo Iglesias repartía cargos e hoxe están preocupadísimos pola ubicación dos seus escanos no Congreso. Un problema este último de vital importancia, polo que se ve. Non é o mesmo estar na última fila que na primeira, para saír na televisión, evidentemente.

//platform.twitter.com/widgets.js

Pode ser que a ubicación non sexa a mellor (tampouco é das peores), pero para presentar iniciativas para solucionar os problemas da xente dá igual onde te ubiquen.

Así é a nova política, máis preocupada polo seu, que por representar e defender os intereses da xente do común (da clase traballadora nin falamos!). En fin, desfrutade o votado!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s