Isto só pode ir a peor

Non hai que ser economista para decatarse de que a situación económica en xeral non vai ben. A pesar dos cacarexos do goberno central anunciando o fin da crise e de que estamos na senda da recuperación a realidade imponse con toda crueldade.

Empezamos 2016 con caídas estrepitosas nas bolsas, unha estrea que adiantaba que este ano non ía ser o da recuperación anunciada, senón da recaída. Mes e medio máis tarde continúan as perdas na bolsa ao compás das perdas dos grandes bancos, especialmente europeos, co Deutsche Bank á cabeza, que en 6 meses perdeu a metade do seu valor en bolsa, seguido de Credit Suisse, que lle acompaña neste singular descenso, e que tamén anunciou unhas perdas multimillonarias no último trimestre.

É certo que a bolsa non reflicte o que ocorre na economía real, e en parte é certo, mais as perdas destes grandes bancos -o Deutsche é o máis grande de Europa, e perdeu 6.800 millóns de euros en 2015– anuncian un novo momento Lehman Brothers sobre a economía mundial; iso si, probabelmente máis matizado e controlado polas altas esferas do poder económico, mais os traballadores e traballadoras apandaremos outra vez coas perdas.

Pero se estes datos non abondan para estar seriamente preocupados, podemos ollar o Index Baltic Dry, que reflicte a cantidade de contratos de envío de mercancías nas principais rutas marítimas, o que na práctica é un bo termómetro de como están as transaccións comerciais a nivel mundial, e este dinos non só que está baixo mínimos dos últimos 5 anos, senón está no nivel máis baixo que no período 2008-2009.

Index Baltic Dry
Index Baltic Dry

E todo isto ocorre nun contexto de petróleo barato, máis barato que hai 10 anos, o que non consegue impulsar o comercio mundial, e por suposto a economía en xeral.

brent

Resumindo: a cousa pinta mal -moi mal-, e o peor é que chove sobre mollado nunha clase traballadora que xa viu reducidos os seus dereitos e salarios desde 2008, e iso só pode empeorar.

Unha opinión sobre “Isto só pode ir a peor

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.