“O Renacido”: o home deshumanizado

El_renacido_The_Revenant-364576700-large
O pasado sábado fun ver “O Renacido”, a última película de Alejandro González Iñárritu con Leonardo DiCaprio de protagonista. Sinceramente non cumpriu as expectativas creadas a priori. Seguramente estaba condicionado polo recente visionado doutra película inspirada na mesma historia de Hugh Glass, “O home dunha terra salvaxe”, protagonizada en 1971 por Richard Harris e John Huston, -si, o aclamado director de cine-.

A pesar de que en ambas as dúas películas hai coincidencias (o ataque do oso e o abandono dos seus compañeiros de viaxe nunha terra dominada polo indios), hai certos elementos diferenciadores que condicionan o final de ambas as dúas películas.

Segundo a Wikipedia, a historia do trampeiro Hugh Glass non está nada clara, é unha lenda e como toda lenda hai aspectos que son certos e outros non tanto. Así é que no único no que coinciden ambas as dúas películas é no ataque do oso e no abandono por parte dos seus compañeiros de viaxe, porque a conclusión de ambas é radicalmente diferente.

Na película protagonizada por Richard Harris vemos a un Hugh Glass traumatizado máis polo seu pasado, que polas feridas físicas causadas polo oso e polo abandono por parte dos seus compañeiros no medio da nada, unha peripecia vital que lle serviu para atoparse como ser humano e para redimirse. En cambio en “O Renacido” de Leonardo Di Caprio, a pesar de que o argumento introduce elementos que non están na versión de 1971, o protagonista cura as súas tremendas feridas físicas e psíquicas a base de odio e vinganza, polo que a conclusión é radicalmente diferente, moi acorde aos tempos actuais. Non hai acubillo para o perdón, e si para o ollo por ollo.

A película de Alejandro González Iñárritu é moi longa -demasiado-, dura dúas horas e media, e só mantén a tensión durante a primeira hora, logo só vemos unha sucesión de calamidades e sadismo, así como peripecias incríbeis, que che fan dubidar de se estás ante unha película inspirada en feitos reais ou diante dunha película do último superheroe da factoría Marvel.

Con todo, é meritorio -moi meritorio- o traballo desenvolvido polos actores e actrices en xeral, que tiveron que efectuar un traballo en condicións extremas, moi especialmente Leonardo DiCaprio, que a pesar de que a película non pasará a historia do cine, desenvolve unha actuación críbel e intensa, como nos ten acostumados ultimamente, e seguramente será premiado cun Oscar da Academia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.