En Marea: seis ceros á esquerda

En MareaAs matemáticas non fallan, se situamos seis ceros á esquerda dunha cifra o resultado é o mesmo que se non os xuntaras, a cifra en cuestión non aumenta de valor nin ten maior valor engadido. Iso é o que lle ocorre ás deputadas e deputados de En Marea en Madrid. Dicían o día 21 de decembro, -ao día seguinte das eleccións xerais- que eles votarían en función dos intereses de Galiza, mais ollando a oferta presentada por Podemos ao PSOE para un acordo de goberno, non hai nin unha soia referencia á Galiza ou a intereses que teñen a ver coa nosa Terra. Tanto é así, que nin sequera se contemplan as tres cuestións que levaba Podemos no seu programa que afectan a Galiza, isto é, “paralización da A-57 para salvar os montes galegos” (sic), “saneamento da Ría do Burgo” e “recuperación da Ría de Pontevedra para a cidadanía”.

Pero a respecto de ENCE a cousa é de traca, xa que ao día seguinte de coñecerse a concesión da prórroga por 60 anos á pasteira, En Marea comparecía en rolda de prensa en Pontevedra para anunciar que “será unha cuestión prioritaria no diálogo para investir un goberno de cambio de tal xeito que pediremos un compromiso público de que se revisará, anulará e deixará sen efecto esta prórroga”. Xa sabemos que na proposta de acordo de goberno de Podemos non hai ningunha referencia sobre ENCE, pero o máis grave é que ningún dos seis deputados e deputadas de En Marea rexistrou iniciativa algunha, nin sobre ENCE nin sobre nada, nin que teña a ver con Galiza nin con Pernambuco. NADA EN ABSOLUTO! E iso que tomaron posesión o día 8 de xaneiro.

Eu xa dicía o pasado mes de agosto que marea atoparíase cun dique de contención no Manzanares e non me enganei. Tiñan a opción de esquivalo pasándose ao grupo mixto, como fixo Compromís, pero preferiron ficar baixo a tutela de Pablo Iglesias, ese era o trato. Unha mágoa! Deste xeito, os deputados e deputadas de En Marea súmanse á procesión de caladiños do PP e do PSOE, coa consecuencia de que Galiza estará desaparecida até que volva o BNG, que tan dignamente defendeu os intereses do noso país durante case 20 anos.

Desfrutade o votado!

 

2 opiniones sobre “En Marea: seis ceros á esquerda

  1. A MERDEYA DICTAMINA MOITO POLO VIEIRAS… pero mira nas 96 paxinas presentadas polos podreiros o pe$oe a palabra Galicia non sae nin unha vez, nin siquer no tema da pesca!!!!! – o vieiras o maldito egolatra ten que ser denunciado ante o pobo galego polos seus crimes pola sua traizon pola sua renunciación a patria galega! ABAIXO VIEIRAS!!!-

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.