Pablo Iglesias: de bicos e desprezos

Podemos é unha organización moi dada á escenificación mediática -chamádelle teatro se queredes-, cousa que xa demostrou en reiteradas ocasións e onte volveu a demostralo. O bico entre Pablo Iglesias e Francesc Domenech pode ser sincero, mais, como demostrarei a continuación, foi froito, unha vez máis, da planificación e a escenificación que tan ben se lle dá a Podemos.

Se observades a imaxe que hai a continuación, xusto despois de rematada a intervención do líder de Podemos, todos os deputados e deputadas póñense en pé para aplaudirlle. Até aquí nada raro. Pero se observamos a Íñigo Errejon vemos que mira reiteradamente para Domenech, que xa agarda cos papeis na man para ir á tribuna a falar na súa quenda de intervención. En canto chega Pablo Iglesias ao escano saúda aos máis cercanos mentres Domenech fai tempo e agarda até que Iglesias remate para abrazalo e bicalo. O problema é que a pantalla da intérprete da linguaxe de signos estraga a foto.
Sesi_n_de_Investidura_D_a_2

Pero Podemos quere esa foto, e volve á carga despois da intervención de Domenech. Desta volta, obsérvase que Pablo Iglesias baixa do seu escano, cousa que non era necesaria, xa que o deputado de En Comú Podem pasaba polo seu lado. Pero, como dixen, Pablo Iglesias, baixa do seu escano e dálle o tan buscado bico diante de De Guindos e Tejerina para evitar que a pantalla da intérprete de signo estrague outra vez a foto, que xa todos e todas coñecedes.

Pero non todos reciben o cariño do líder
Pero o cariño demostrado entre Iglesias e o deputado catalán non tivo a súa contrapartida coa deputada de En Marea, Alexandra Fernández, que logo da intervención desta non tivo o máis mínimo xesto cariñoso para a deputada galega do seu grupo, limitándose a aplaudir.
alexandra
Este desprezo á deputada de En Marea diredes que é porque non hai moito feeling entre ambos. Pode ser. Pero é máis probábel que a actitude de Pablo Iglesias teña máis a ver coa escasa ou nula consideración política que lle ten, non a Alexandra, senón a Galiza. Porque é curioso que se amose tan efusivo co deputado catalán, mentres ignora á deputada galega de En Marea que tamén forma parte do seu grupo e que tamén tivo os seus tres minutos de gloria concedidos polo amado líder morado.

Unha opinión sobre “Pablo Iglesias: de bicos e desprezos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.