En Marea a tope con Cervantes


Se Miguel Anxo Fernán Bello está estupefacto polo tratamento que fai o PP do IV aniversario da morte de Cervantes, mais o estou eu ao ver a un “nacionalista” galego defender con tanto ardor a figura máis importante das letras castelás e da cultura española; unha cultura que nos abafa, que ignora e despreza a nosa propia cultura galega, porque non encaixa dentro dos seus parámetros, e o que é peor, que é utilizada constantemente para colonizarnos cultural e lingüisticamente.

Cómpre recordar que Miguel Anxo Fernánde Bello, o deputado de Podemos-En Marea que defende con tanto “ardor” a Cervantes, é un coñecido poeta que escribe en galego, e que ademais, é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e é sorprendente que unha persoa con esta traxectoria cultural -xa non me meto na política- sexa incapaz de defender un posicionamento sobre o IV aniversario da morte de Cervantes desde unha perspectiva galega, nun 2016 no que se celebran os 100 anos das Irmandades da Fala, que supuxo naquel intre histórico a primeira expresión política dunha nación empeñada en poñer os alicerces dunha Galiza sen complexos, política e culturalmente. É evidente que os homes e mulleres da cultura galega que tamén impulsaron as Irmandades da Fala non son Fernán Bello, porque senón hoxe seríamos un “anexo” de Castela-León.

 

2 opiniones sobre “En Marea a tope con Cervantes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.