George Soros e USAID detrás das filtracións dos “Panama Papers”

home_140402

En 1815 Mayer Amschel Rothschild, que proviña dunha acaudalada familia de banqueiros alemáns, fixo circular o rumor entre os círculos financeiros de Londres de que Inglaterra perdera a batalla de Waterloo fronte a Napoleón. A realidade era que Wellington gañara a guerra para os Ingleses, pero os financeiros da metrópole, presos do pánico, venderon todos os títulos emitidos polo Banco de Inglaterra ante o temor do impago dos seus títulos. Rothschild, que tiña de antemán a información correcta, utilizouna no seu propio beneficio, comprando todos os títulos que puido amasando unha inmensa fortuna, poder e influencia política.

Como demostrou no seu día Rothschild, a información é poder, e o que estamos a ver estes días cos “Panama Papers” forma parte dunha estratexia do Imperio para acaparar boa parte dos recursos financeiros do planeta, utilizando convenientemente a información e os recursos tecnolóxicos e mediáticos de que dispón. Pero vaiamos por partes.

Os “Panama Papers” son a maior filtración de información da historia do xornalismo, 2.6 teras. Para que vos fagades unha idea da dimensión dos datos filtrados coloco a continuación un gráfico comparándoa coas últimas filtracións que houbo.

comparativa-filtracions

Esta morea de datos está composta por 11 millóns e medio de documentos (especialmente correos electrónicos, pdf, imaxes …); é tal a cantidade de información, que faría falta un exército de xente para analizalos e peneiralos para quedarse con verdadeiramente importante.

Quen está detrás do mensaxeiro?
Segundo todos os medios de comunicación a morea de datos filtrados foi coordinada por ICIJ (consorcio internacional de xornalistas, con sede en Washington) en colaboración con 378 xornalistas de todo o mundo. Esta análise de datos fíxose durante un ano no máis absoluto segredo até que este domingo se deu a coñecer a noticia. ICIJ colabora estreitamente con OCCRP, unha rede global de xornalistas comprometidos contra o crime e a corrupción, cuxos patrocinadores económicos son USAID, Axencia de Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional, cunha longa traxectoria en desestabilizar países, e o magnate norteamericano George Soros a través da súa fundación Open Society Institute. OCCRP non oculta estes patrocinios, só hai que mirar o pé da súa web oficial.

É evidente entón, que financiamento e medios técnicos non lle faltaron a esta rede de xornalistas internacionais; sen esta axuda económica “desinteresada” non sería posíbel esta filtración dado o volume de información que tiñan entre mans.

Se Arkady e Boris Rotenberg apuntan a Putin, Pilar de Borbón a punta a…
É curioso que todos os medios de comunicación estatais puxeron o acento en Putin como posíbel beneficiario dos negocios ocultos dos seus amigos Arkady e Boris Rotenberg, a pesar de que eses mesmos medios indican que non hai nin un só documento que implique ao primeiro ministro ruso.

Sen embargo, os mesmos medios non fan esta mesma asociación interesada con Pilar de Borbón, irmán do ex-rei Juan Carlos I e tía de Felipe VI. Pola mesma regra de tres se os amigos de Putin son testaferros do primeiro ministro ruso, con máis razón Pilar de Borbón pode ser a tapadeira dos negocios do seu irmán, non? E outro tanto se pode dicir dos primos de Bashar Assad ou do presidente chino.

Queda claro que os medios de comunicación que filtraron esta noticia, filtran á súa vez a información de que dispoñen, que é moita, e dan esa información ao público en función dos intereses que defenden e non da transparencia que din defender. E isto é tanto ou máis perigoso que a propia censura informativa.

As persoas son corruptas as empresas non
Ollando os medios de comunicación de masas semella que a corrupción é das persoas físicas e non das persoas xurídicas, isto é, das empresas. As empresas son todas incorruptíbeis? En absoluto, pero iso non é o que transcende á opinión pública. Unha simple ollada ao seguinte mapa interactivo elaborado por Brian Kilmartin, vemos que o número de empresas sobrepasa de longo ao número de persoas implicadas no escándalo. Un simple exemplo: Estados Unidos, 3.072 empresas, 441 persoas (decídeme o nome dun só estadounidense implicado na trama? Curioso, verdade?).

Sen embargo, é vox populi que moitas transnacionais utilizan paraísos fiscais para os seus negocios e transaccións comerciais, pero polo que se ve non hai moito interese en dar a coñecer os seus nomes, agás os de algúns bancos que procuraban poñer a bo recaudo do fisco os cartos dos seus clientes.

Fai o que eu digo, pero non o que eu fago
Desde que comezou a crise económica, non foron poucas as críticas que recibiron os paraísos fiscais así como o segredo bancario, e foron moitas as voces que reclamaron unha maior transparencia neste eido. Logo duns “oportunos” escándalos financeiros de cidadáns norteamericanos con activos en paraísos fiscais, os Estados Unidos endureceron as súas normas e obrigaron a todas as entidades financeiras a comunicar as contas que os seus cidadáns tiñan no estranxeiro. No mesmo sentido a OCDE aprobou tamén en 2010 unha serie normas para facilitar o intercambio de información entre os países que asinaran este acordo.

Curiosamente entre os países asinantes deste acordo non se atopa os Estados Unidos, entre outras cousas porque estados como Nevada ou Delaware son e funcionan como auténticos paraísos fiscais. Así, segundo apunta El País nun artigo do pasado mes de febreiro os Rothschild, antiga familia de financeiros e centro de todas as conspiracións, -fundadas e infundadas-, abriron sede en Reno, cidade casino ao estilo Las Vegas, que está chamado a ser o novo “El Dorado” do 1% da poboación mundial, é dicir, dos ricos.

Os tres obxectivos das filtracións
Desde o meu punto de vista estas filtracións -tendo en conta quen paga- ten como obxectivo a fuga masiva de capitais dos paraísos fiscais, entre eles Panamá, a sitios máis seguros, a salvo de miradas indiscretas. É dicir, a Estados Unidos, de aí que un dos provedores económicos do ICJJ e OCCRP sexa precisamente unha axencia gobernamental norteamericana e George Soros que puxo de xeonllos a economía británica en 1992 por mor das súas actividades especulativas.

Outro dos obxectivos é seguir afondando no deterioro da política, que tan “bos” réditos está dando no Estado español, cuxas consecuencias se albiscan no horizonte coa irrupción de persoeiros de corte fascista, que como Trump en Estados Unidos, aglutina boa parte do descontento social, unha vez que se comproba que o reformismo que patrocina o sistema é imposíbel.

E o último dos obxectivos desta trama,-xa para rematar este extenso artigo sobre os “Panama Papers“, é a implantación de medidas que impidan a fuga de capitais fóra do circuíto do sistema financeiro. Non tardarán moito en aparecer voces que suxiran esta posibilidade como remedio para evitar o branqueo, e evasión fiscal, o terrorismo, a corrupción… e non serán poucos os que aplaudan esta posibilidade. Porén, o que se implantará será unha gaiola financeira da que os traballadores e traballadoras non poderemos fuxir cando as entidades financeiras empecen a cobrar polos cartos que temos nas súas contas, algo plausíbel tendo en conta os tipos de interese do BCE xa están no 0% e o euríbor en valores negativos. Pero non vos preocupedes polos ricos, eles seguirán ocultando os seus millóns en paraísos fiscais, que se moven sen problema dentro do circuíto do sistema, tal e como acaban de demostrar os “Panama Papers“, coa implicación de bancos e entidades financeiras que lle facilitaban o chollo aos seus clientes.

Como dixen ao principio a información é poder, e este é un episodio máis da batalla pola economía global que está levando a cabo o Imperio, neste caso utilizando a liberdade de prensa como coartada.

3 opiniones sobre “George Soros e USAID detrás das filtracións dos “Panama Papers”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.