Yolanda Díaz, algunha explicación terás que dar!

yolanda-diaz--644x362O certo é que ía deixar pasar o asunto da detención do asesor de AGE, Ramiro Santalices, acusado dun presunto caso de pornografía infantil. No seu momento entendía que iso pertencía ao ámbito privado desa persoa e non merecía máis comentarios, aínda que é obvio que colateralmente afecta directamente, -e moito-, á organización política AGE para a que traballaba.

Un responsábel político, neste caso de AGE, pero tamén pode acontecer no mundo da empresa, pode ter a mala sorte e escoller a un traballador ou traballadora, que no seu horario de traballo, ou cando menos desde o computador do traballo, adica parte do seu tempo a mirar pornografía infantil. Un erro teno calquera, mais no caso que nos ocupa, hai unha persoa, Yolanda Díaz, deputada de En Marea en Madrid, que algunha explicación terá que dar, porque xa existían en 2009 denuncias sobre esta persoa da súa confianza por parte de militantes de Esquerda Unida de Ferrol, que se despacharon coa expulsión dos acusadores, mentres que o presunto delincuente seguía contando coa confianza da agora deputada de En Marea, tanto é así que mesmo esta persoa ocupou o posto número 10 da candidatura de Esquerda Unida ás eleccións galegas de 2009.

É de supoñer que Yolanda Díaz fará mutis polo foro madrileño como se a cousa non fora con ela, e non dará ningunha explicación pública, mais cando menos en privado si que as terá que dar, porque o dano político causado a AGE é incuantificábel, aínda que colateralmente tamén salpica á Marea Atlántica, da que era colaborador con propostas para a área de muller e igualdade (manda truco!).

3 opiniones sobre “Yolanda Díaz, algunha explicación terás que dar!

  1. cando non hai vegonza… outro que busca no cubo do lixo onde mertese a rirse dos galegos e chupar un pouco, pero mira por onde que foi parar o AGE corruPPteiro e dexenerado, con pornografia infantil no parlamento, enton que facia ese señor, ese asesor … non son nova politica enton que necesitan de asesores e canto andaba a cobrar do erario publico e porque traballo… non esto non e que andaban vendo paxina do real madrid e aparecian parellas facendo ñaca-ñaca … non esto e fortisimo… e vai dimitir alguen, ah non ca ferrola xa escapou esta en mandriles vivindo do conto a sinvergonza esa… dixo oitenta e cinco mil veces que o presidente frijoles ia irse a madrid a facer politica e despois vai e resulta que quen marcha e ela… o AGE DE PODREIROS ESTA PUTREFACTO!

    Gústame

  2. Que máis quixeran algúns que fora cargo electo. E curioso como se calan outras cousas, como as amizades de Frijolito ou as relacións coa CIG do voceiro/bocazas do PP no Parlamento. Esas tamén son Cousas de Galiza ¿ou non?

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.