Pablo Iglesias castiga a Alexandra Fernández e premia a Yolanda Díaz

alexandraHoxe cando se constitúa a Comisión Deputación Permanente do Congreso, non será Alexandra Fernández, portavoz de En Marea no Congreso, a que, por lóxica, forme parte deste órgano, senón Yolanda Díaz, número dous pola Coruña. Así, o que xa se intuía o pasado mes marzo, hoxe xa é unha evidencia. Pablo Iglesias non só pasa olimpicamente desta deputada, senón que a relega ao ostracismo máis absoluto. Podedes pensar que é un detalle sen importancia, mais politicamente non é irrelevante, porque relega á parte “nacionalista” de En Marea, apoiando o españolismo recalcitrante de Yolanda Díaz, que seguirá cobrando do Congreso até que se poña en marcha a nova lexislatura, mentres que os demais, incluída Alexandra Fernández, marcharán para a casa cunha man diante e outra detrás.

Mais con esta xogada, o líder de Podemos, mételle o dedo no ollo a Beiras e é un aviso en toda regra de que en En Marea quen manda é Pablo Iglesias, e que de repetirse as eleccións aquí na Galiza farase o que ao caudillo progre español mellor lle conveña. Pero diso, mellor falo outro día.

One thought on “Pablo Iglesias castiga a Alexandra Fernández e premia a Yolanda Díaz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s