O goberno de Santiago de Compostela segue a ser o goberno dos amigos

martinhoCompostela Aberta defendía no seu programa de goberno (páxina 68 e 69) a xestión pública fronte á privada, por ser máis barata, e comprometíase a facer unha xestión transparente da toma de decisións como os gastos e os investimentos. Esta é a teoría, a práctica como vamos a ver, é moi diferente do anunciado.

Así por exemplo, o goberno de Martiño Noriega contratou con Urdime unha parte das actuacións do Apóstolo 2015 por 21.538 €, o deseño e coordinación do proxecto “12doces de outono” por 18.150 €, a “Romaría Cativa de Bonaval” por 21.538 €,  a representación do espectáculo Mamá Cabra por 2.480 €, así como a controvertida cabalgata de reis deste ano da que xa falei hai un par de meses, e cuxo custe aínda segue a estar no caixón da mesa do alcalde Martiño Noriega.

Empresas navalla suíza
Pero tamén, o goberno de Compostela Aberta contratoulle a esta empresa, a “coordinación” das redes sociais do concello por 1.815 € polos meses de xaneiro, febreiro e marzo deste ano, o que nos fai supoñer que cada mes ou cada tres meses haberá unha factura de importe semellante. O curioso é que Urdime, experta en contratación e xestión de servizos culturais, non ten entre as súas actividades principais o community management.

Pero as empresas tipo “navalla suíza”, destas que fan de todo, é o habitual nas contratacións do goberno de Martiño Noriega. Así temos tamén a Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais SC, que tanto depura a base de datos de protocolo do concello por 6.655 € (debe ser que os traballadores do concello non saben), como fai un diagnóstico de igualdade po 21.659 €, como fai “servizos de secretaría científica” dun foro de emprego por 11.979 €, ou fai o “desenvolvemento dun proceso de orzamento participativo dirixido á mocidade por 16.335 €.

140.000 € para os amigos
Pero todos estes contratos de Urdime e Cidadanía, así como o informe sobre a Lei 39/2015 encargada ao secretario do concello de Outes moi amigo de Martiño Noriega por 17.990 €, que suman un total de 140.139 €,teñen dous denominadores comúns: un, todos os contratos son adxudicados a dedo, sen concurso público, a pesar de que este tipo de prácticas eran cousa do que Compostela Aberta chamaba “vella política”, e a pesar de que algúns destes traballos poden facelos perfectamente os traballadores e traballadoras do concello.

E dous, e o máis grave é que son empresas cunha vinculación moi estreita con persoas de Compostela Aberta e tamén de En Marea. Así por exemplo, Xaime Subiela, candidato de En Marea nas eleccións Xerais e cantante a tempo parcial desta coalición, é socio-fundador de Cidadanía Rede de Aplicación Sociais SC tal e como indica no seu antigo blog; e outro tanto se pode dicir de Carlos Neira, un dos asesores contratados por Compostela Aberta, que a pesar de que non se pode acreditar que sexa socio fundador desta cooperativa como no caso anterior, si estivo vinculado ela como demostra esta consulta na lista de correo de OpenOffice.

Fai o que eu digo, pero non o que eu fago
Evidentemente todos estes contratos son legais, e neste sentido nada que reprochar, mais o peor de todo é a hipocrisía e a demagoxia que se gastan, por non mencionar o engano ao electorado, daqueles que levan a ética e a rexeneración por bandeira, que acaban facendo o contrario do que prometían.  Pero logo do que acabamos de ver, asignando contratos a dedo para os amigos, aínda teñen o atrevemento de presentar e defender na Deputación da Coruña, gobernada por PSOE e BNG, unha proposta para sacar a concurso público absolutamente todo,  aproveitada habilmente polo PP, que dedos tamén sabe moito.

Como vemos, moi pouco cambiou o goberno municipal de Santiago de Compostela a respecto de certos hábitos e vicios da época do goberno do PP, especialmente, da etapa de Conde Roa. O goberno de Compostela Aberta liderado por Martiño Noriega vendeuse ao electorado como unha opción rexeneradora da política municipal compostelá, porén, a pesar da retórica, hai cousas que nunca cambian.

18 thoughts on “O goberno de Santiago de Compostela segue a ser o goberno dos amigos

    1. Non di nada dunha empresa que se chame Navalla Suíza, senón de empresas tipo “navalla suíza” que deben de saber de todo porque os cidadanistas lles están dando contratos de cousas variopintas

      Gústame

  1. Canto pagan por escribir este tipo de artículos, se non te importa eu tamén escribiría mal sobre os gobernos de esquerda se pagan ben, por eso agradeceria saber a remuneración aproximada.

    Gústame

  2. Non entendo a liña do artigo, o problema é que sexan esas empresas e non outras? ou é que esos servizos non costan esos cartos? que outras empresas poderían dar por ese diñero esos servizos? a calidade dos servizos foi boa ou mala?
    Pregúntoo para saber cal é o mal….

    Gústame

    1. Ola Lara.

      O problema non é que sexan estas ou outras empresas, o problema é que Compostela Aberta fixo campaña coa ética por bandeira, prometendo certas cousas que non está a cumprir. Por exemplo, que sentido ten gastar 17.000 euros nun informe sobre a repercusión dunha lei no ámbito local cando ten técnicos municipais que o podían facer perfectamente e que ademais coñecen ben a realidade e o día a día do concello? Ningún sentido. Porén, este señor seguro que fixo un informe de calidade, non o dubido, pero se Compostela Aberta lle encargara o informe aos técnic@s municipais aforraban 17.000 euros.

      Por outra parte, os servizos contratados por Urdime e por Cidadanía non son tan especializados que non poidan contratalos con outras empresas nun concurso público aberto a todo o mundo. Non o fixeron así, contratáronos a dedo.

      Para finalizar, todo o que se di no artigo é verdade e pode comprobarse, non hai inventos nin interpretacións. Ademais non poño en cuestión a calidade do traballo feito por estas empresas, senón o método de contratación e as maneiras dunha organización que dixo que ía facelo todo diferente e ao final… pois xa ves.

      Un saúdo.

      Gústame

  3. MIREN SI O GOLFIÑO MERENDIÑO DAS VIEIRAS FOI CO FRIJOLES A ARXENTINA NO MESMO AVION, FORON A RENDIR TRIBUTO A ECONOMIA NEOLIBERAL E O CONSERVADURISMO DO PANAMEÑITO GUARRICIO GUARRI… preparense a volta a mais privatizacións e corruPPtelas dexeneradas

    Gústame

  4. Artigo de investigación profundísima baseado nun suposto blogue e nunha lista de correo, aaaah. Ao final vaivos pór cachondos que goberne o PP hahaha, adiante, refundádevos todo o que queirades mentres a xente con ganas e opcións reais de facer país se move

    Gústame

  5. Claramente intoxicación pura e durea dunha xestión e dunha programación exemplar! Por que non “investigades” as contratacións de concellos Bng tipo Carballo, Rianxo ou Pontevedra!? E decidesnos cales son as contratacións a “dedo” en cultura! Pufffff

    Gústame

  6. O melhor é que nom se contrate nada, que nom se faga nada, ou que se organicem cousas gratis, porque o ar é um dos alimentos com menos tóxicos e ademais nom tem custe.
    O artigo é um cúmulo de despropósitos, porque um pode prometer a remunicipalizaciom de certos servizos, máis qual é a soluciom que aporta o autor do artigo para organizar certos eventos? Sacar um concurso público para que existan funcionarios músicos, artistas e que actúen sempre os mesmos, aburrido nom? ou ter a todos os artistas do país contratados como funcionarios para rotarse e dar um concerto anual?
    Quem escribe isto faino a mala fé, porque sabe que o que está ponhendo é um cúmulo de parvadas uma detrás doutra. Hai motivos para criticar a este governo, hai puntos negros, como a gestiom dos comedores escolares, onde os nenos tras aumentar o prezo do prato seguem tendo uma comida de baixa qualidade, máis isto que aparece aquí é um insulto total á inteligência

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s