Pablo Iglesias morde a man que lle dá de comer

morderPablo Iglesias e Podemos sempre foron moi ben tratados polos medios de comunicación. Ningunha forza política recén nacida como esta formación política acaparou tantos titulares e minutos na televisión como Podemos. Isto é unha evidencia. Pero mesmo os medios de comunicación que o “atacaron”, como pode ser El Mundo, La Razón ou o ABC déronlle unha exposición mediática que xa quixeran formacións políticas como o BNG, con máis de trinta anos ás súas costas, pero axudaron a crear, conscientemente, a figura e o referente antitético dos intereses económicos e políticos que eses medios representan. Polo tanto, Pablo Iglesias e Podemos non poden queixarse en absoluto de maltrato por parte da prensa, ao contrario, sen ese bo trato por parte de Cuatro e La Sexta e sen ese “maltrato” por parte da caverna mediática, o caudillo morado e o seu partido non pintarían nada na escena política estatal.

Sen embargo a Pablo Iglesias non lle falta razón, o papel dos medios de comunicación hoxe en día (e sempre) é defender intereses particulares. Eses medios teñen dono, a liberdade de expresión non existe, téñena eles da súa man, e unha persoa ou colectivo existe se eses medios lle interesa. De todos os xeitos, dubido moito que os medios que criticaron ao líder de Podemos esta semana polo seu ataque a un xornalista de El Mundo, vaian a facerlle un baleiro e reducir a súa exposición mediática, ao contrario, Podemos é un invento do sistema, e é evidente que lle interesa que exista esta formación política.

Pero o erro máis grave de Pablo Iglesias non foi criticar a El Mundo, senón atacar a unha persoa en concreto, a un traballador, que a fin de contas escribe o que lle mandan os propietarios dese medio para o que traballa. Unha persoa coa experiencia e coa traxectoria profesional que ten o caudillo morado debería saber distinguir entre o medio ou os medios e entre os traballadores e traballadoras deses medios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s