En Marea minte (unha vez máis)

pinochoSegundo os últimos anuncios de Yolanda Díaz e Podemos, e moi a pesar de Anova, En Marea repetirá a mesma fórmula de concorrencia electoral que empregou o 20D, isto é, a coalición de partidos (Anova, Podemos e Esquerda Unida), o que lle pechará as portas -outra vez- á posibilidade de conformar grupo parlamentar propio. A única posibilidade é a do partido instrumental, que, aínda non exenta de problemas, si ten moitas máis posibilidades de conseguir o fin que tanto anuncian.

En Marea minte e sábeno!
Co regulamento da Congreso na man é imposíbel que En Marea poida constituírse en grupo parlamentar aínda que haxa un grupo maioritario favorábel a tal fin. O regulamento é clariño, aínda cumprindo parte do articulado se repite ou mellora os resultados, En Marea non poderá constituír grupo porque ten deputad@s nas súas filas que “no tempo das eleccións, pertenceran a formacións políticas que non se enfrontaran ao electorado”; é dicir, que ao ir na mesma coalición os seus deputados e deputadas non se enfrontaron por separado ao electorado.

Para beneficiar a Podemos
Supoño que a estas alturas, e logo do visto nos últimos catro meses no Congreso, xa ninguén ten dúbidas de que falar de En Marea é falar de Podemos, de que a estratexia política da confluencia galega é a do partido morado. E o feito de que En Marea concorra en coalición e non en forma de partido obedece única e exclusivamente aos intereses da formación de Pablo Iglesias. Agora mesmo, e antes de que se peche esta curta lexislatura, Podemos ten en strito senso 42 deputad@s, o resto até 65 (Compromís foise ao grupo mixto), que é do que presume o caudillo morado, son das confluencias. É dicir, que aínda no caso de que Podemos concorra con IU ás eleccións, se as confluencias concorren como partidos, a formación de Pablo Iglesias tería moi difícil arrebatarlle a segunda praza ao PSOE, a verdadeira obsesión dos “podemitas”, e un dos motivos polos que non houbo acordo de goberno con Pedro Sánchez. Así que, só repetindo as fórmulas de concorrencia se poderá repetir o grupo parlamentar de Podemos, con que facilitaría o difícil -iso creo eu- sorpasso ao PSOE de Pedro Sánchez.

En Marea mentiu unha vez e colou. A pregunta é se colará unha vez máis o do grupo galego?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.