O novo caradura da política

caraduraHai uns anos a palabra de moda na política era o “virachaquetas”. Esta persoa caracterizábase por presentarse ás eleccións nunhas listas e unha vez chegado ao cargo cambiaba de partido para o seu estrito e inconfesábel beneficio persoal. A estas persoas tamén se lle chamaban tránsfugas e baixo o seu paraugas xestáronse innumerábeis cambios de goberno. O tempo púxolle couto a este tipo de prácticas e os partidos asinaron o Pacto Antitransfuguismo, que non conseguiu frear que persoas que chegaran a un cargo da man dun partido, deixaran a acta ao abandonar tamén o partido, como o caso de Martiño Noriega, mais si conseguiu frear os pactos dos partidos con tránsfugas.

A nova cultura política, nacida da man dos novos partidos políticos (Podemos especialmente), impulsou a aparición do caradura político, persoas que non teñen o máis mínimo rubor en encaramarse a un proxecto político ou a varios co obxectivo posto en pillar cacho.

O caradura político é o abandeirado da ética e a transparencia, palabras fetiche que repite constantemente aos demais, a pesar de que a súa práctica política e persoal fica moi distante dos valores que di representar.

Este é o caso de Beatriz Estévez. Militante do PSOE de Santiago, vai de número seis nas listas das municipais por este partido; case un ano máis tarde forma parte do Comité de Garantías de Podemos, e polo camiño preséntase ás eleccións xerais nas listas de Ourense pola Esquerda. E todo isto faino sen abandonar e ningún momento a militancia no partido de Pedro Sánchez, e o que é peor, xustificando con arrogancia toda esta peripecia política que lle sacaría as cores a calquera.

Pero isto é a nova cultura política, chea de trepas, oportunistas e caraduras, que se encaraman á política sen antes pasar polas ágora públicas, como lle gusta dicir a esta xente, e sen máis ideoloxía que o seu beneficio persoal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s