A guerra de medios na política española

apertura-guerra-televisionO pasado xoves, o socialista Francisco Cuenca foi elixido novo alcalde de Granada cos votos favorábeis de Podemos, Izquierda Unida e Ciudadanos, en substitución do anterior do Partido Popular, imputado por presuntas corruptelas urbanísticas. Nesta ocasión os catro partidos uniron os seus votos para apartar o PP do goberno municipal desta cidade andaluza, o que contrasta cos dificultades que atopou Pedro Sánchez para constituír un goberno alternativo ao de Mariano Rajoy.

Días atrás o grupo de comunicación de Atresmedia, co seu buque insignia da nova televisión progre, La Sexta, e o xornal dixital, El Diario, emprenderon unha campaña de acoso a Cebrián, fundador do grupo Prisa, implicado nos Panamá Papers. A resposta deste non se fixo esperar e días máis tarde, Ignacio Escolar, director do citado diario dixital, era apartado como tertuliano da Cadena Ser. A guerra no panorama mediático estatal estaba servida e por extensión no terreo político, de aí as dificultades que atopou Pedro Sánchez para constituír un goberno alternativo ao do PP.

Se Prisa, e en concreto El País, foi o grupo mediático da transición, que dominou o panorama mediático estatal nos últimos 30 anos (a Cadena Ser é a radio máis oída e con diferenza de todo o Estado), Atresmedia, un grupo ideoloxicamente conservador, pero con canles progres, quere ser o novo galo no curral mediático español. De aí a guerra incruenta que estamos a presenciar, pero na que se xogan importantes intereses económicos, e de aí o desacordo político para alcanzar un goberno alternativo ao do PP. A campaña, tanto política como mediática, que presenciaremos de aquí ao  26X, será certamente interesante. De feito Podemos xa deu un primeiro paso a nivel político presentando unha serie de iniciativas para organizar o sistema mediático español, xa concluída esta curta lexislatura e loxicamente sen posibilidade algunha de debater nada.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.