O pacto Podemos-IU só beneficia a PP e a Pablo Iglesias

birrasO pacto entre Podemos e IU que con tanto alborozo celebraron onte ambas as dúas formacións políticas só ten dous claros beneficiados: o PP e Pablo Iglesias.

Os de Mariano Rajoy teñen agora a bicha coa que amedrentar as súas bases, alertando da catástrofe bíblica que se verterá sobre todos nós se a coalición de “extrema esquerda” (sic) chega a gobernar o Estado español. O PP buscará -xa o están facendo- polarizar a campaña con Podemos-IU, o que cohesionará aínda máis o seu electorado, o máis fiel de todas as formacións políticas segundo a última enquisa do CIS, co obxectivo de incrementar o resultado electoral do 20D.

E Pablo Iglesias sacará tamén tallada desta coalición por dous motivos. Primeiro, asegúrase -é moito dicir, pero vaia- uns miles de votos nuns intres no que a súa formación política perde apoios, segundo tamén a última enquisa do CIS. Ademais, segundo as previsións desta formación política, esta coalición co IU permitirá o sorpasso ao PSOE -iso haberá que velo-, a obsesión de Pablo Iglesias e un dos motivos polos que non foi investido Pedro Sánchez cos votos do partido morado.

Pero Podemos pode ser a segunda forza electoral -con permiso do PSOE-, pero se no Congreso tamén o quere ser os deputados e deputadas de Izquierda Unida terán que formar parte do grupo de Podemos, do mesmo xeito que os deputados e deputadas de En Marea e as outras confluencias. Se no Congreso se dividen, dificilmente Podemos será segunda forza.

Por último dicir non comparto a estratexia de Izquierda Unida. Se por pagar as débedas venden uns anos de historia e unha traxectoria política, alá eles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.