O inglés imponse con normalidade, mentres o problema é o galego

Boy-Say-Do-you-speak-EnglishNon hai moitos días mirei por casualidade esta reportaxe no informativo da TVE1. Trátase dun concurso musical para adolescentes e xente moza en idade escolar, segundo a canle pública, era unha alternativa ao botellón. O que me chamou a atención non era a intención da proposta, ao contrario, nada que dicir ao respecto, senón o idioma que utilizaban estes mozos e mozas nas súas interpretacións. Estupefacto observei como os grupos que saían na reportaxe interpretaban todos os seus temas en inglés. A curiosidade puido comigo e busquei na internet a web do concurso “MusicAula“. O que atopei non me asombrou máis do que xa estaba; dos 24 grupos e solistas inscritos, 18 cantaban en inglés.

É curioso con que normalidade se instala o inglés entre as capas máis novas da sociedade, mentres que outros se molestan e están preocupadísimos pola suposta “imposición” do galego. Xa me gustaría que a nosa lingua tivera a metade de facilidades para “imporse” con normalidade no noso propio pobo. Outro galo nos cantaría, verdade? Pero claro, a nosa lingua non é o idioma do Imperio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s